2. A representación da Terra

Os mapas son un instrumento imprescindible para o estudo da Xeografía. Cada un dos elementos que aparecen no mapa representáse mediante un símbolo ou unha cor. Aos símbolos denomínaselles signos convencionais.

Na lenda aparecen os signos convencionais xunto ao seu significado.

Ler nun mapa é aprender a localizar e a interpretar a información que está representada.

Para ler un mapa hai que seguir uns determinados pasos:

    • Ler e interpretar a escala cartográfica.

    • Observar e recoñecer os símbolos da lenda.

A escala dos mapas

A escala indícanos cantas veces se reduciu unha zona xeográfica real para poder ser representada no mapa.

Nos mapas e mais nos planos a escala aparece escrita de forma númérica (unha fracción) e de forma gráfica (unha liña dividida en segmentos).

E. 1:1.000.000 0 50 100 150 200

|-----|-----|-----|-----| Km

Na escala 1: 1.000.000, o denominador da fracción indica a proporción que existe entre o mapa e o territorio, isto é, un centímetro do mapa ha de equivaler na realidade a 1.000.000 ce centímetros (10Km)

En función da escala pódense distinguir:

  • Mapas a grande escala. Neles o número do denominador é pequeno, abranguen menos territorio pero teñen un detalle de información maior; por exemplo unha localidade.

  • Mapas a pequena escala. Aquí o denominador de escala é grande, abrangue un territorio extenso pero cun detalle de información menor; por exemplo un continente.