Esculturas das tumbas dos Medici

Catalogación

Titulo: Mausoleo dos Medici

Autor: Miguel Anxo

Cronoloxía: primeiro terzo do século XVI.

Estilo: Renacemento italiano do Cinquecento

Materiais: pedra (arquitectura), mármores esculturas

Localización: Sacristía Nova da Basilica de San Lourenzo (Florencia)

No estilo arquitectónico segue o a Brunelleschi combinado a petra serea para os elementos estruturais e o encalado en branco nos paramentos pero engadiu todo un xogo escenográfico de pilastras e nichos que xan ten moito que ver co manierismo. O espazo cadrado cóbrese cunha cúpula.

Desenvolveu o conxunto de escultura e arquitectura como unha unidade indivisible de marcado carácter alegórico-simbólico subliñado pola arquitectura organizada en tres zonas: a das almas na zona baixa, a terrestre na intermedia e a esfera celeste na parte superior.

As tumbas, encostadas ao muro, mostran unha nova tipoloxía, cun trazado arquitectonicamente parecido ao da fachada dun edificio.

Non chegou a completarse, primeiro por mor da expulsión dos Medici de Florencia e despois pola partida de Miguel Anxo a Roma. Quedaron rematadas dúas das catro tumbas de mármore previstas, a de Xuliano, duque de Nemours, e a de Lourenzo, duque de Urbino.

Xuliano, coa Noite e o Día

Lourenzo, co Crepúsculo e a Aurora

Ambos complexos arquitectónicos dos mausoleos, afrontados e adosados ós muros, seguen o mesmo esquema: no alto, os retratos dos defuntos sedentes e vestidos coma condottieros sitúanse dentro de nichos enmarcados entre pares de pilastras; abaixo, os sarcófagos de liña curva con volutas sobre os que descansan figuras alegóricas do tempo, como símbolo do triunfo familia Médici no paso do tempo. No sepulcro de Lourenzo, as alegorías do Crepúsculo e a Aurora, e no de Xuliano, as da Noite e o Día

Comentario