Rafael Sanzio. Escola de Atenas

Todo sobre o cadro

Catalogación

Título: A Escola de Atenas

Autor: Rafael (1483- 1520)

Cronoloxía: principios do século XVI

Estilo:Renacemento (Cinquecento)

Técnica: fresco

Soporte: muro

Tema: Platón e Aristóteles, os dous grandes filósofos gregos, dialogan mentres se achegan a un concorrrido grupo de sabios da Antigüidade.

Aspectos formais. A arquitectura é o espazo simbólico no que se moven os personaxes. O debuxo expresa a evidencia xeométrica que permite marcar a simetría e as proporcións entre o espazo e as figuras. A cor busca unha ambientación marcada pola claridade, e as sombras axudan a conseguir profundidade; as cores cálidas e as frías equilibranse buscando ritmos e alternancias. As figuras coloreadas dan sensación de masas expresivas, masas cromáticas que se moven con naturalidade no espazo e xesticulan conscientes do seu papel na Escola de Atenas.

Os valores estéticos son superados polo significado e o símbolo. Non hai paisaxe, só a solemne arquitectura, porque a sabiduría antiga é na súa totalidade unha construción do pensamento humano, só a perspectiva racional e a lóxica é a guía do pensamento. O espazo, aínda que inmenso, está limitado polas superficies das paredes e as bóvedas.

Comentario

Localización orixinal e actual: Sala da Signatura, Vaticano.

Foi Xulio II o que encarga, por recomendación de Bramante, a Rafael volver pintar estas estancias privadas, eliminando a decoración anterior para así borrar o recordo do papa Borgia, Alexandre VI, que antes as ocupara.

Son un total de catro as estancias (de Constantino, de Heliodoro, da Signatura y do Incendio do Borgo) a decorar con pinturas ó fresco, dúas foron pintadas en tempos de Xulio II e outras dúas en tempos de León X. Rafael morre antes de rematárense os traballos polo que serán os seus axudante quen os finalicen.

A escola de Atenas é o segundo fresco que se pinta, está situado fronte á Disputa do Sacramento e ven ser o seu complemento. Se a Disputa simbolizaba a verdade revelada, a Escola simboliza a verdade racional ou filosófica, son as dúas caras da verdade. O programa iconográfico foi proporcionado polos humanistas e teólogos da corte pontificia, e está fundamentado no neoplatonismo que intenta conciliar a cultura greco-romana e cristián facendo que temas pagáns teñan carácter moralizante e convivan cos termas relixiosos. O programa completase coas pinturas das bóvedas e do resto dos muros.

Nestes momentos Miguel Anxo está a pintar a Capela Sixtina