Maison Carrée

Cronoloxía: 16 e 12 a. C.

Estilo: romano imperial

Materiais utilizados: pedra calcaria branca

Localización: Nimes (Francia)

Maison Carrée de Nimes (Francia), a casa cadrada, aínda que a súa planta

sexa obviamente rectangular. Situado no que debeu ser o foro da cidade, a súa construción, levada a cabo entre os anos 16 e 12 a.C. foi ordenada por Marco Agripa e debe enmarcarse no amplo proceso de organización e romanización do territorio das Galias que se desenvolveu no último momento da República Romana e durante os primeiros anos do principado de Augusto, a cuxos netos Lucio e Cayo foi dedicado.

É un dos prototipos do templo romano, inspirado nos modelos gregos de época clásica e helenística. De dimensións medianas (mide 26 metros de lonxitude por 15 de anchura), trátase dun templo próstilo e hexástilo, levantado en orde corintio. É tamén pseudoperíptero, xa que aínda que abservamos columnas en todos os seus lados, estas áchanse embutidas nun muro perimetral, salvo (loxicamente) no caso da única fachada do templo.

Por outra banda, o edificio mostra algúns trazos propios da arquitectura templaria romana. Destacan entre eles a sustitución do estilobato característico do templo grego por un elevado podium de paredes verticais, que só presenta unha escalinata de acceso no lado da fachada principal.

Tras ela, accédese a un pórtico que á súa vez dá paso á cella ou capela, neste caso un espazo único, sen compartimentación en naves. Toda a obra é de mármore e non queda ningún rastro da decoración dos dous frontóns do templo.

Con todo, consérvase en excelente estado a decoración de carácter vexetal que embellecía o edificio. Non se trata só das de follas de acanto finamente labradas dos chapiteis corintios, senón dos elementos de tipo floral que atopamos no friso, na parte inferior da cornisa e nos casetónss do pórtico.

Toda este repertorio garda claros paralelismos co que, pola mesma época estábase colocando no Ara Pacis de Roma.