A proposta Keynesiana

Simplificando a proposta de KEYNES era a seguinte:

  • O Estado inviste forte en obras públicas

  • Créanse postos de traballo.

  • Aumenta a renda familiar

  • Medra o consumo

  • Aumenta a produción

  • Aumentan os impostos, o Estado recupera o investimento inicial e equilibra o presuposto.

A economía clásica primaba o aforro sobre o investimento e defendía a contención dos salarios. Polo contrario, Keynes dicía que o aforro podía ser nefasto e que o aumento do consumo era o único que conseguiría aumentar a demanda e estimular o investimento.

.

Moitos economistas da época consideraron que a Gran Depresión representaba o fin do capitalismo. Keynes foi o único que propuso unha solución orixinal baseada en novas propostas dentro do mesmo sistema.

As propostas keynesianas, se ben se viron posteriormente a súa eficacia, en principio foron vistas con moito escepticismo e foron poucos os países que as aplicaron. Estados Unidos foi un deles.

As propostas de Keynes e a crise actual.

Artigo de Paul Krugman profesor de Economía en Princeton e premio Nobel 2008. © 2011 New York Times Service Tradución de News Clips