Fronte europea

Ocupación de Francia: a ofensiva iniciouse a través de Holanda e Bélxica, que foron ocupadas en 48 horas (maio de 1940), e continuou a través das Ardenas, consideradas inexpugnables polos franceses. O Estado Maior galo quedou sen resposta, xa que situara tódalas súas previsións na defensa da liña Maginot. As tropas francobritánicas quedaron cercadas e foron evacuadas por Dunkerque.

Os alemáns entraron en París o 14 de Xuño e , pouco despois, o novo xefe de Goberno, o mariscal Pétain solicitaba o armisticio, que se asinou o 22 de Xuño. A ocupación dividiu Francia en dúas zonas: a Norte, baixo dominio directo dos nazis, e a Sur, un Estado monicreque colaboracionista con Alemaña baixo a autoridade de Pétain, con capital en Vichy. Mentres desde Londres reivindicábase a Francia libre dirixida polo xerenal Charles de Gaulle, quen animaba á resistencia contra os ocupantes.