A rivalidade entre as grandes potencias

  • Francia e Alemaña : o contencioso de Alsacia e Lorena, reavivouse coa crise marroquí.

  • Competencia naval entre Alemaña e Gran Bretaña, reafirmou a alianza franco-británica en 1912.

  • Francia mostrou o seu apoio a Rusia, en caso de conflito nos Balcáns.

  • O Imperio ruso apoiou o proxecto paneslavo serbio, oposto aos intereses do Imperio austrohúngaro.

A posición de Alemaña en política exterior e a súa actitude ante as outras potencias.

Unha vez concluído o proceso de unificación política en 1870, Alemaña iniciara a construción do novo Estado xermánico, converténdose rapidamente nunha gran potencia industrial que pretendía dirixir politicamente Europa.

A Alemaña do II Reich, dirixida baixo a batuta de Bismarck, aspiraba a alcanzar a hexemonía na política continental europea mediante a creación dun bloque de potencias con centro en Alemaña, e a contención dos países rivais como Reino Unido e especialmente Francia, con quen mantiña unha gran rivalidade desde a guerra francoprusiana, pola que Francia perdera os territorios de Alsacia e Lorena.

Alemaña era favorable ao conflito armado e consideraba que era o momento adecuado para intervir. Pouco despois de que o Imperio austrohúngaro lle declarase a guerra a Serbia, Alemaña fixo o mesmo con Francia e Rusia e iniciou a invasión de Bélxica.