Escultura romana: realismo e idealismo

A escultura romana amosa unha clara subordinación a arquitectura, posto que a maioría das obras teñen como obxectivo a ornamentación de edificios ou monumentos.

Realizadas en mármore, bronce ou pedra, as estatuas romanas desenvolven dous xéneros característicos: o retrato e o relevo histórico. Neles pódese percibir claramente a herdanza recibida da arte etrusca e a influencia da arte grega.

O retrato, no que se deben incluír tanto o busto como a escultura exenta e a escultura ecuestre.

Nun primeiro momento os retratos toman como referencia a escultura funeraria etrusca e a tendencia realista da estatuaría grega do período helenístico (s. III a.C.).

Posteriormente, no século I d.C., o retrato imperial adopta certo idealismo, propio do período clásico grego, aínda que moi afectado pola corrente popular que humaniza os xestos.

Gradualamente simplifícanse as formas, e no período do Baixo Imperio ou tardo romano (séculos III.V)prodúcese unha forte tendencia á esquematización e unha evidente vontade de solemnizar ao personaxe, anticipando a rixidez do retrato bizantino.

Augusto (British Museum).

Bronce (27-25 a.C.)

Augusto de Prima Porta (s.I d.C)

Comentario

Influencia grega, tanto na idealización, como no contraposto compositivo

Catón e Porcia (Museo do Vaticano).Arte funerario herdeiro do etrusco.

Emperatriz Livia. Esposa de Augusto

Retrato de Mesalina.

Esposa de Claudio

Augusto como pontifex maximus, cargo que aceptou no ano 12 a.C., cando roldaba a cincuentena; leva a cabeza cuberta co veo da toga (capite velata) e na man mostraba a pátera do oficiante. Malia a súa avanzada idade, os trazos seguen sendo xuvenís, respondendo a un prototipo de beleza ideal, que se desentiende do aspecto físico para representar o rango, a vida interior e o debate que ten lugar na súa conciencia. Así quixo Augusto que lle recordase o pobo romano: fermoso, como un atleta e piadoso coa relixión, pero abrumado pola servidume do Imperio. Recibe o nome de Augusto de Vía Labicana polo lugar onde foi atopado en 1910.

Busto de Tito FlavioVespasiano (s. I d.C)

Está retratado con gran realismo, sen idealizar o personaxe

Cabeza de Constantino (s.IV)

Aínda que a expresión do rostro é intensa, o modelado é seco e duro, indicando xa a rixidez hierática da escultura bizantina.

Retrato ecuestre de Marco Aurelio (s. II d.C), Plaza del Capitolio, Roma.Escultura en bronce do emperador a cabalo, que será de grande influencia artística no Renacemento italiano.

O relevo histórico,caracterizado polo seu alto grao narrativo, recrea con gran realismo e vivacidade escenas bélicas que subliñan a grandeza do Imperio. Neste sentido destaca o gusto pola recreación da paisaxe e a decoración arquitectónica.

Estes relevos escúlpense en impresionantes monumentos conmemorativos, tales como Ara Pacis en Roma, arcos de triunfo e columnas exentas.

Data : Entre 13 e 9 a.C.

Estilo: Romano, periodo imperial

Material: Mármore de Carrara

A adecuación ao espazo artitectónico ao cal se subordinan os relevos ten na decoración helicoidal da columna Traxana o seu mellor exemplo. s. II d.C.

Narranse as campañas de Traxano contra os dacios a través dos relevos que se desenvolven en espiral, arredor do fuste.

As figuras da Ara Pacis camiñan en procesión con porte maxestoso e cheas de equilibrio entre o idealismo grego e o realismo romano.