Acta fundacional da AIT

Marx encargouse de redactar os estatutos cando se fundou a I Internacional en 1864:

“Considerando que a emancipación da clase obreira debe ser obra da propia clase obreira; que a loita polo emancipación da clase obreira non é unha loita por privilexios e monopolios de clase, senón polo establecemento de dereitos e deberes iguais e pola abolición de todo dominio de clase;

que o sometemento económico do traballador ós monopolizadores dos medios de traballo, é dicir, das fontes de vida, é a base da servidume en todas as súas formas, de toda miseria social, degradación intelectual e dependencia política;

que a emancipación económica da clase obreira é, polo tanto, o fin principal ó que todo movemento político debe ser subordinado como medio;

que todos os esforzos dirixidas a este fin fracasaron ata agora por falta de solidariedade entre os obreiros das diferentes ramas de traballo en cada país e dunha unión fraternal entre as clases obreiras dos diversos países;

que a emancipación do traballo non é un problema nacional ou local, senón un problema que comprende a todos os países nos que existe a sociedade moderna e precisa para a súa solución o concurso práctico e teórico dos países máis adiantados; ..)

Non máis deberes sen dereitos, non máis dereitos sen deberes. (...)»

Estatutos Xerais da ATT. 1864 (Marx)

  • Explica con outras palabras o que quere dicir cada parágrafo. Indica se as ideas aquí expostas estaban xa presentes no Manifesto Comunista