Expansión mundial da crise

OS MECANISMOS DE EXPANSIÓN DA CRISE

Os factores que facilitaron a extensión da crise foron:

    • O descenso dos prezos en Estados Unidos repecutiu en todo o mundo.

    • O retroceso da demanda norteamericana. Ao frear todas as importacións EEUU prexudicou aos países exportadores.

    • A banca americana repatriou os capitais investidos en Europa ou en América Latina.

Europa desde a Primeira Guerra Mundial dependía dos préstamos e dos investimentos dos Estados Unidos. Cando ámbalas dúas cousas desapareceron, posto que EEUU necesitaba dos seus fondos para facer fronte á falta de liquidez, a economía europea empezou a tambalearse.

Houbo un proceso de caída en cadea. Bancos e empresas entraron en creba, especialmente naqueles países onde o investimento americano era maior ou onde os préstamos foran máis importantes.

En 1931 creba do Creditanstalt, principal banco de Austria.

A crise financeira afectou a Hungria, Checoslovaquia, Rumanía, Polonia e Alemania. Todos reduciron a produción e viron aumentar o desemprego. Pero a crise foi especialmente grave en Alemaña.

A maioría dos países depreciaron as súas moedas para abaratar as súas exportacións.

Como afectou a crise as grandes potencia europeas:

Alemaña: subida moi elevada da inflación, descenso da produción industrial e aumento do desemprego (case 6 millóns). Depreciación do marco.

Reino Unido:mantivo a libra como moeda de intercambio e fixo crebar a sistema monetario internacional. Suspendeu a convertibilidade da libra en ouro e a súa moeda depreciouse nun 30%.

Francia: mantivo a súa pariedade co ouro. Non depreciou a súa moeda pero perdeu competitividade no mercado internacional. Para contrarrestar esta tendencia inicia prácticas proteccionistas que obstaculicen as importacións.

Soamente a URSS quedou fora da súa influencia.

A mundialización da crise é rápida e expándese da seguinte maneira:

    • Desde o continente europeo a África, Asia e Australia.

    • Dos Estados Unidos pasa a América latina, África e Australia

O AFUNDIMENTO DO COMERCIO INTERNACIONAL

    • As economías estaban moi relacionadas unhas con outras. Os países menos desenvolvidos vendían materias primas aos desenvolvidos que, a súa vez, lles exportaban produtos manufacturados.

    • Ao empeorar a situación nos países desenvolvidos, estes impuxeron medidas proteccionistas que afectaron aos países competidores, pero tamén aos países asiáticos e latinoamericanos, proveedores de materias primas e alimentos.

    • A caída das exportacións imposibilitou aos países anteriormente ditos, a devolución dos préstamos. Isto fixo que se reducisen as súas importacións, cousa que repercutiu nos países industrializados.

Polo tanto a causa principal da redución do comercio foi o aumento do proteccionismo nos principais países e a adopción de políticas económicas illadas. o enfrontamento comercial entre Europa e EEUU afundiron o comercio internacional.

              • As medidas proteccionistas clásicas son:

                  • aumentar as tarifas aduaneiras, para protexer a economía nacional.

                  • depreciar a moeda para reforzar a competitividade.

Nos primeiros anos da década do ano 1930 o comercio mundial experimentou a maior caída que coñeceu a historia. Entre os anos 1929 e 1933 o comercio internacional descendeu dous tercio. Hai que ter en conta, así a todo, que a maior diminución non foi tanto do volume físico do comercio como dos prezos das mercadorías coas que se comerciaba. En realidade, a cantidade de produtos intercambiados tan só diminuíu un 25% entre os anos 1929 e 1932, que foi o ano de maior redución.