11. A crise do sistema da Restauración (1898-1931)

Vídeo:

1.- O l rexeneracionismo político. (00:00-26:39)

2.- O nacemento dos nacionalismos. (26:39-30:04)

3.- A crisise de 1917. (30:04-41:28)

4.- O problema de Marruecos. (41:28-44:31)

O incidente do Cu-Cut

"Barcelona, 25 (5 tarde). Onte á noite, á primeira hora, gran número de oficiais do exército, molestados polas caricaturas e artigos que publicaba a prensa catalá, reuníronse en número de máis de 200 na praza real; comezaron a dar vivas a España e desde alí marcharon á imprenta do semanario catalanista Cu-Cut (...).

Desde alí marcharon á rúa do cardeal Casañas, onde se atopa a redacción do mesmo xornal e renovaron a escena sacando os mobles e prendéndolles lume, mallando aos que atopaban dentro e obrigándolles a gritar ¡Viva España!.

Os oficiais marcharon despois ás ramblas das Flores, onde se atopa o xornal da Veu. Entraron tamén na redacción, sacaron gran cantidade de mobles e de prensa, prendéndolles lume igualmente. Na redacción deron varios sablazos, obrigando aos que alí estaban a gritar ¡Viva España! Todo esnaquizárono respectando tan só o escudo de Cataluña, dicindo que Cataluña era unha provincia española.