Evolución política

!834. Estatuto Real de Martínez de la Rosa

A REXENCIA DE Mª CRISTINA (1833-1840)

  • A etapa de transición (1833-36)

Estes primeiros anos son tempos de incerteza, de transición do absolutismo ao liberalismo, transición que está motivada polas guerras carlistas, xa que tanto os liberais como María Cristina necesitan apoiarse mutuamente fronte aos carlistas ou absolutistas.

Neste contexto Martínez de la Rosa crea o Estatuto Real , que é unha carta outorgada. Ademais, aparece a escisión entre os liberais: por unha banda os moderados e por outro os exaltados.

  • A revolución de 1836: o triunfo do liberalismo

Nun contexto de crise económica e nun ambiente inestable e crispado politicamente, onde os liberais conspiraban a través das Xuntas e a Milicia Nacional, ten lugar o pronunciamiento dos Sarxentos da Granxa, pedindo a volta da Constitución de 1812.

Despois do pronunciamiento dos Sarxentos da Granxa créase a Constitución de 1837, inspirada na do 12.

Esta Constitución expresa as mesmas contradicións que a do 12. Por unha banda, están a existencia da Soberanía Nacional, aínda que compartida e a explicitación dos dereitos individuais, pero doutra banda, o rei ten bastante poder, as Cortes serán bicamerais, establécese o sufraxio censatario. O estado é aconfesional, permítese a liberdade de cultos, pero a Constitución recolleu o compromiso de financiamento do culto católico, (a desamortización e a supresión do décimo, deixaran o clero sen o seu patrimonio e sen as súas fontes de recursos tradicionais). Globalmente considéraselle unha Constitución progresista.

En canto ás medidas lexislativas, destaca a desamortización de Mendizabal, primeiro ministro progresista e de influencias inglesas.

A REXENCIA DE ESPARTERO (1940-43)

Espartero era un militar progresista, heroe das guerras carlistas. Este protagonismo militar vai ser unha constante na historia de España.

A Rexencia de Espartero caracterízase polas medidas progresistas, como as disposicións a favor da milicia nacional ou as eleccións municipais. Os conservadores ou moderados, pola súa banda, conspiran.

Ante un tumulto en Barcelona Espartero (aprobación dun arancel que lle abría o mercado español aos tecidos de algodón ingleses) ordena o seu bombardeo, ocasión que é aproveitada por Narváez, un xeneral conservador para dar un pronunciamiento militar.

Espartero retírase e declárase a maioría de idade de Isabel II.

A DÉCADA MODERADA (1844-1854)

Narváez faise co poder e vai ser o gran protagonista desta etapa, na que se aproba a Constitución de 1845.

A Constitución de 1845 é o prototipo de moderada ou conservadora, sendo unha das Constitucións con máis vixencia na historia do constitucionalismo español, aínda que esta inspirada na do 37 é moito máis conservadora.

As características máis importantes desta constitución son o gran poder do rei, o estado confesional que establece, o sufraxio censatario é máis acentuado que na do 37, o senado é vitalicio e non electivo, as liberdades son as mesmas que a do 37 salvo a liberdade de prensa, non contempla as eleccións municipais, nin a milicia nacional, nin o xurado popular.

Para os moderados as reformas administrativas eran o requisito fundamental para o bo goberno. Defenden un estado centralizado e xerarquizado, de clara influencia francesa.

Consolídase o centralismo, coa división provincial de Javier de Burgos en 1834(que chegou ata a actualidade). Faise a reforma de Facenda , organízase a educación pública coa lei Moyano, créase a Garda Civil (Duque de Ahumada) e asínase o Concordato coa Santa Sé , para restablecer as relacións coa Igrexa, unhas relacións moi deterioradas desde a desamortización de Mendizabal de 1836.

Asistimos tamén á segunda guerra carlista: 1846-1849, co protagonismo de Cabrera e nos progresistas aparece unha escisión: o partido demócrata.

O BIENIO PROGRESISTA (1854-1856)

En 1854 hai gran inestabilidade política, O'Donnell dá un golpe de estado: a Vicalvarada e chegan ao poder os progresistas, co protagonismo de Espartero, líder do partido progresista e O'Donell, líder da Unión Liberal. Os sublevados elaboraron o chamadoManifesto de Manzanares, en demanda dunha reforma electoral, da redución de impostos e da restauración da Milicia.

Esta é outra característica da política do século XIX, como o dominio do partido conservador é tan esmagador, as poucas veces que chegan ao poder os progresistas débeno facer a través de pronunciamentos militares.

Os progresistas crean unha nova Constitución:a de 1856 que será non nata. A Constitución de 1856 é progresista:a soberanía nacional non é compartida, o poder da coroa está bastante limitado, as dúas cámaras son electivas, a declaración de dereitos é máis exhaustiva e contémplanse as eleccións municipais e a milicia nacional.

As medidas lexislativas máis importantes teñen carácter económico, como a desamortización de Madoz, a creación do sistema financeiro ou nova normativa para a construción ferroviaria (sistema radial, ancho de vía, posibilidade de investimentos estranxeiros e de importar os materiais sen pagar os aranceis).

A inestabilidade política sobe, menudean as folgas (estamos asistindo ao nacemento do movemento obreiro español), o' Donnell pacta coa coroa e pásase ao conservadurismo.

A sublevación da "Granxa". Constitución 1837

1840. Rexencia de Espartero

Narváez e a Constitución de 1845

A revolución de 1854 e o Bienio progresista

Crise e afundimento da monarquía de Isabel II

A DESCOMPOSICIÓN DO SISTEMA ISABELINO (VOLTA AO CONSERVADURISMO 1856-1868)

A Constitución do 56 non se chega a aplicar e vólvese á do 45. O protagonismo vai recaer en Narváez, partido conservador, e en O'Donnell, Unión Liberal. Dous anos logo de Vicálvaro O'Donnell convertíase no restaurador do réxime que destruíse entón. As tres primeiras medidas do goberno son significativas:restauración da Constitución de 1845, disolución da milicia nacional e abolición da autonomía municipal.

En política exterior destaca a guerra con Marrocos. Este atacara Ceuta e Melilla e en 1859 decláraselle a guerra, esta termina coa vitoria española dos Castillejos e a paz de Wad-Ras, coa que se ocupou Tetuán, convertendo a Prim nun mito .

Durante esta época houbo unha certa estabilidade, estabilidade que rompeu a partir de 1865, onde se volveron a unir a crise política e económica. Toda a oposición uniuse no Pacto de Ostende, polo cal acordábase que se debía ir Isabel II e convocar unha asemblea constituínte por sufraxio universal. En 1868 prodúcese a Gloriosa.

CONCLUSIÓNS

O reinado de Isabel II supuxo a definitiva estabilización do réxime liberal e a formación e creación do Estado Liberal que vai perdurar ata a actualidade.

Dominou -salvo no bienio- o liberalismo doutrinario ou censatario, co partido moderado, ou conservador, cuxa base social era a oligarquía, impóndose os seus conceptos políticos (soberanía compartida, gran poder do rei, sufraxio censatario non ao xurado popular, nin milicia nacional, nin eleccións municipais)

A debilidade democrática era manifesta, menudearon os pronunciamentos militares e o protagonismo político deles, existía unha gran diferenza entre a España real e oficial, asistindo ao comezo do caciquismo que se consolidaría coa Restauración.