Da crise bolsista á Gran Depresión

Destrución de stocks

Queiman o café nas caldeiras. Queiman o millo par se quentaren; o millo dá un lume moi vivo. Guindan coas patacas no río e apostan gardas nas beiras para impedir que os desgraciados as saquen da auga. Desangran os porcos e entérranos, e a podremia infíltrase no solo. Hai en todo isto un crime tan monstruoso que vai máis alá do entendemento. (...) A consternación lese nas olladas e a cólera comeza a brillar nos ollos dos famentos. Na alma da xente as uvas da ira inchan e maduran, anunciando as vendimas futuras.

STEINBECK J. As uvas da ira, 1939

Económica

    • Descenso da demanda__Acumulación de stocks

    • Peche de industrias_______Aumento do paro

    • Diminución do comercio

Social

    • Aumento da pobreza

    • Crecemento das desigualdades e da conflitividade social

O descenso do consumo loxicamente acelerou a caída dos prezos, que diminuíron un 32% de media entre os anos 1929 e 1932. A remolque da crise bancaria, fixose evidente a superprodución e as reservas ou stocks acumulados medraron enormemente. Os investimentos pararon drasticamente e moitas empresas tiveron que pechar as portas.

En tres anos, nos EUA desapareceron 100.000 empresas e foron a creba 5000 bancos (dun total de 23.000)

Expansión mundial

- Repatriación de capitais estadounidenses

- Fin dos investimentos estadounidenses

Durante a década dos anos trinta, en moitas cidades dos Estados Unidos formarónse grandes ringleiras para se proveer de alimentos.

A crise amosouse máis grave do previsto