Aportacións da arte paleocristiá

Aspectos xerais

As súas primeiras manifestacións artísticas xurden, como o cristianismo, no marco do Imperio Romano, e polo tanto está moi relacionado coa arte de Roma aínda que con unha función e significado diferentes.

Antes do Edicto de Milán (313 d.C.) e dada a situación de clandestinidade do cristianismo dentro do Imperio, a arte paleocristiana está estreitamente vinculada ao funerario (catacumbas, pinturas murais, sartegos, etc). A temática destas obras está moi relacionada co mundo clásico, pero posee un simbolismo cristiano. A estos temas simbólicos engadensen outros tomados do Antigo Testamento. Será despois do Edicto de Milán cando xurda unha arquitectura propiamente cristiá:

  • o baptisterio

  • o martiria

  • a basílica

Iconografía cristiá

O cristianismo, como outras relixións mistéricas, usou para representar as súas ideas temas existentes no mundo clásico e incorporou outros novos. A clandestinadade á que estiveron sometidos durante máis de tres séculos, sobre todo por negar o culto ao emperador, obrigounos a expresarse en símbolos, e idearon anagramas so comprensibles entre eles; aís xurden:

O crismón (xpistus)

O peixe ou a cruz (sacrificio)

A áncora (salvación)

O Bo Pastor (recreación do Hermes Crióforo, máis coñecido por Moscóforo

A orante

Cristo Bo Pastor, Cristo músico (o mito de Orfeo) Cristo filósofo

Existe unha constante na arte da representación cristiá nas súas orixes: a intensidade espiritual, reflexo da vida interior e o desprezo pola pompa e o boato externos. Estas características non se consolidaron en Oriente, onde o decorativismo e cromatismo primaron na representación.

Foronse incorporando historias narradas, tomadas do Antigo Testamento, como o sacrificio de Isaac, Daniel no foso dos leóns, Jonás devorado pola balea ou Xesús rodeado dos Apóstolos. O pan e o viño asocianse ao misterio da Eucaristía.

Sarcófago de Ecija (Sevilla) Bo Pastor, Daniel no foso dos leóns, e o sacrificio de Isaac

No sarcófago de San Apolinar de Rávena a iconografía representa o crismón, emblema de Cristo; ten a dereita e esquerda o alfa e a omega (o principio e o fin) pechado pola roda, un signo solar dinámico, de gran tradición pagana. O emblema está representado tres veces na tápa e dúas coa cruz, e outra no centro da caixa marcando a simetría. A ambos os dous lados dous pavos reais e unha serie de follas de parra e racimos de uvas enrollados nos pámpanos de formas curvadas.

Dúas pombas máis pequenas, tamén a ambos os dous lados, picotean as uvas. Os relevos van enmarcados en pilastras de tipo clásico e todo o conxunto pechado por grecas.

A lectura simbólica será diferente para os cristiáns de lingua latina e de lingua grega, pero no fundamental coincínciden e van continuar en uso durante o Románico.

O pavo real representa a inmortalidade e a alma incorruptible. A pomba, a forma do alma logo de morta, picotea a uva, símbolo de sacrificio e fecundidade. A folla de parra, tomada do paganismo, era a fonte inagotable da vida.

Estas imaxes que todo o mundo lía, por pertencer ao seu substrato cultural, transmiten as ideas esenciais da relixión cristiá como que coa morte pásase a mellor vida e conséguese eternidade. A súa mensaxe e a calidade estética perdurarán na arte medieval occidental.

Sarcófago de Xunio Basso (395 d.C.).

Os relevos narran en dous pisos as escenas do Antigo e Novo Testamento.