Columnas e arcos de triunfo

Son elementos arquitectónicos extraídos do seu contexto e sobredimensinados, co afán de convertelos en símbolos dun poderoso imperio que lembra con eles os seus logros de conquista

O arco de Tito (s. I d.C), Roma,é dun só van, e presenta elementos decorativo e construtivos novos, como a utilización dos chapiteis compostos das súas columnas e as ventás cegas.

O Arco de Septimio Severo (203 d.C.) é un antigo arco de triunfo que se atopa en Roma nunha extremidade do Foro Romano, aos pés do outeiro do Capitolio.

É unha construción en mármore, consta dun arco principal encadrado por dous pequenos arcos. As fachadas están ricamente decoradas por columnas e baixorrelevos.

Columna Traxana é un monumento conmemorativo erixido en Roma por orde do emperador Traxano. Atópase no Foro de Traxano, cerca do Quirinal, ao norte do Foro Romano. Concluída no ano 114, é unha columna de 30 metros de altura (38 incluíndo o pedestal sobre o que repousa) percorrida por un baixorrelevo en espiral que conmemora as vitorias de Traxano fronte aos dacios (actualmente Rumanía). A columna componse de 18 enormes bloques de mármore de Carrara. O friso escultórico completo mide uns 200 metros e dá 23 veces a volta á columna. No interior da mesma, unha escaleira de caracol de 185 peldaños permite o acceso a unha plataforma mirador no seu parte superior.