As artes plásticas na primeira metade do século XX

As vangardas

No desenvolvemento da arte do noso tempo o término «vangarda» foi un dos máis utilizados, xa sexa para definir posturas ante a arte e o seu papel na sociedade, xa sexa para ordenar o estudo da historia do mesmo neste século. O concepto de vangarda aplícase en Francia ao campo da arte, antes da Primeira Guerra Mundial, para designar determinados movementos plásticos e literarios que loitaban contra as normas academicistas e que constituían unha avanzadilla dunha nova sensibilidade e creación artística.

A arte de vangarda rompe así con toda norma establecida e enténdese como unha investigación permanente na que os artistas experimentan con novos materiais e novas técnicas e, ao mesmo tempo, resulta cada vez máis ininteligible e hermético para o público. Os artistas vangardistas asumen ademais unha conciencia de grupo, realizan reunións, actos, manifestos e enfróntanse a unhas situacións máis ou menos establecidas e aceptadas pola maioría. Hai algúns aspectos no concepto de vangarda artística que presentan concomitancias co vocabulario político, tales como o activismo, a idea de revolución, de cambio artístico, a vontade de ruptura coa arte anterior e, en particular, a aparición dun documento literario como peza crave en moitos movementos de vangarda: o manifesto. Este é unha declaración pública de propósitos, un programa de actuación no que se teoriza sobre as novas linguaxes artísticas, rexéitase o pasado e, fronte aos valores establecidos, propúgnase a orixinalidade, a innovación e a fe no progreso como nocións fundamentais. Aínda que esta paixón antitradicional polo cambio e a renovación foi típica de todas as artes, resultou máis evidente nas artes plásticas.

Outro trazo destacado nas vangardas é a súa brevidade, a súa corta duración. Os conceptos de tempo e de desenvolvemento no tempo reducíronse de tramos longos, lineais e apracibles, a estoupidos e fragmentos curtos, rápidos, múltiples e simultáneos. Ao mesmo tempo convén sinalar que os máis importantes artistas contemporáneos non se circunscriben necesariamente, nun sentido exclusivo, a ningún dos diversos movementos: un exemplo é Picasso -antes, durante e despois do Cubismo-, quen sempre estaba entrando ou saíndo dos movementos de vanguardia ou simplemente transcendéndoos.

Os movementos vangardistas son máis unha actitude ante a arte que unha estética. Abandonan a imitación da natureza para centrarse na linguaxe das formas e as cores. É a hexemonía do inconsciente, da reconstrución mental da obra. Ao espectador esíxeselle unha nova actitude ante a obra de arte.