2.Organización territorial de España

España é un Estado descentralizado que se rixe polo principio de subsidiaridade

Constitución de 1978

Artigo 2. A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas.

Da organización territorial do Estado

Artigo 137. O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e nas comunidades autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses.

Artigo 140. A Constitución garante a autonomía dos municipios (...). O seu goberno e administración correspóndelles ós seus respectivos concellos, integrados polos alcaldes e mailos concelleiros (...).

Artigo 141.3. Poderanse crear agrupacións de municipios diferentes da provincia.

Municipal

É a administración local e na capital do municipio ten a súa sede o Concello. O Concello está formado polo alcalde e os concelleiros elexidos mediante votación

Provincial

As provincias son territorios constituídos pola agrupación de varios municipios.

A administración provincial é unha división territorial que ten tres función básicas:

    • Servir de circunscrición electoral do Estado.

    • Servir de división territorial periférica do Estado, representada na figura do Delegado do Goberno.

    • Ser unha entidade local de maior rango, que agrupa aos municipios provinciais e constituíndo a Deputación Provincial, que é o órgano de goberno da provincia.

Autonómica

As Comunidades Autónomas rixense por un Estatuto, que a Lei máxima da Comunidade.

En España existen 17 Comunidades Autónomas. Ceuta e Melilla son cidades que tamén gozan dun réxime especial de autonomía.

Institucións:

    • Parlamento ou Consello

    • Presidente

    • Goberno

    • Administración

    • Tribunais de Xustiza