Escultura: período clásico (séculos V-IV a.C.)

Este período está caracterizado pola preocupación dos artistas por reproducir a anatomía humana con proporcións equilibradas, nas que se intenta alcanzar o modelo ideal de beleza humana. Os artistas destacados son Policleto, Mirón e Fidias.

Para lograr este equilibrio de beleza, a partir dun dominio absoluto da técnica escultórica, redondeábase a musculatura e representábanse posturas máis naturais como o contraposto -palabra italiana que define a posición máis natural e equilibrada dunha figura en repouso - ou a curva praxiteliana -lixeiro arqueo da escultura en forma de "S" invertida-. Ademais perdeuse rixidez e frontalidade, e adquiríronse canons de proporción matemática entre a cabeza e o resto do corpo.

Policleto: O Doríforo (s. V a.C.)

Comentario

Mirón: O Discóbolo (s.V a.C.)

Comentario

Cara o século IV a.C., apareceu o período chamado post-clásico ou segundo clasicismo. Es cando empezan a esgotarse as posibilidades de representación do home ideal, e os artistas (Praxíteles, Escopas e Lisipo) amosaron unha gran preocupación por expresar os sentimentos e as emocións a través da expresividade dos rostros.

Praxíteles: Hermes con Dionisos (s.IV a. C.

Curvatura da cadeira e apoio compensador no lado contrario, pulimento delicadísimo da superficie, expresión nostálxica.

Escopas: Ménade furiosa

Introduce o elemento pasional na escultura (pathos). Escultura de vulto redondo representando a unha ninfa que rendía culto a Dionisios, en pleno éxtase

Lisipo :Apoxiomeno

Escultura de vulto redondo con proporciones máis esveltas (8 cabezas). A cabeza redúcese e o corpo parece oscilar sobre as pernas, simbolizando a perda do perfecto equilibrio do clasicismo do século V a. C.