Vocabulario

Monarquía parlamentaria :forma de goberno, na que o rei é quen ser encarga de exerce a función de Xefe do Estado e háxase baixo o control do que sería o poder Lexislativo ou Parlamento e do poder Executivo que é o Goberno, isto significa que se encarga de reinar pero non de gobernar.

Democracia: sistema de político, no cal a soberanía do poder reside e está sustentada, no pobo. É este, por medio de eleccións directas ou indirectas, quen elixe as principais autoridades do país. Así mesmo, é o pobo, quen pode cambiar ou ratificar a estas mesmas autoridades, nas seguintes eleccións populares.

Separación de poderes: É o principio político segundo o cal as funcións lexislativa, executiva e xudicial do Estado deben estar separadas, como poderes independentes, para que poida establecerse un sistema de controis e equilibrios que limite as facultades do goberno e protexa os dereitos individuais.

Poder lexislativo: unha das tres facultades e funcións primordiais do Estado (xunto co poder executivo e o xudicial), que consiste na aprobación de normas con rango de lei.

Poder executivo: é unha das tres facultades e funcións primordiais do Estado (xunto coa lexislativa e a xudicial), consistente en facer cumprir as leis e que adoita exercer o goberno ou o propio xefe do Estado.

Poder xudicial: é unha das tres facultades e funcións primordiais do Estado que, de conformidade co ordenamento xurídico, é o encargado de administrar xustiza na sociedade, mediante a aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos.

Moción de censura: é o procedemento polo que un parlamento (o poder lexislativo) pode esixir a responsabilidade política ao poder executivo.

Soberanía nacional:principio democrático no cal o poder reside no pobo ou nación, dos que emanan os poderes do Estado.

Sufraxio universal: dereito a voto de toda a poboación adulta dun Estado, independentemente da súa raza, sexo, crenzas ou condición social. O termo sufraxio provén do vocábulo latino “Suffragium”, cuxo significado é voto.

Constitución. Norma ou lei fundamental pola que se rexe un Estado, establecendo os dereitos e liberdades dos cidadáns, a súa organización política e institucións. Trátase dunha norma de carácter xeral a cuxo marco deben axustarse as restantes.