Termos históricos ( Ditadura franquista 1939-1975)

Contubernio de Munich: denominación que o réxime franquista utilizou, para designar á reunión celebrada en 1962 en Munich, do Movemento Europeo e que congregou a opositores españois (do interior e do exilio, PSOE, PNV, excluídos os comunistas) ao franquismo co obxectivo de diseñar unha estratexía común que levara á democracia a España e a integrase en Europa. Os seus participantes foron represaliados polo réxime, considerando a reunión como unha conspiración e polo tanto os seus participantes foron calificados de traidores "á patria". Os delegados que regresaron a España foron desterrados ou encarcerados, entre eles Dionisio Ridruejo e Gil Robles. Dita reunión foi o anticipo da transición en 1975.

Democracia orgánica: Autodenominación do réxime franquista. Segundo este concepto a representatividade non se acha no voto dos cidadáns senón nos órganos do Estado: a familia, o sindicato e o municipio. O sufraxio era restrinxido e elixíase unha parte dos procuradores. É un intento de disfrazar a ditadura por parte de Franco e facela máis "presentable" de cara ao exterior.

Lei para a reforma política: (LRP) Lei impulsada por Adolfo Suárez que foi o instrumento xurídico que permitiu no contexto da Transición española a eliminación de estruturas da ditadura franquista desde un punto de vista xurídico e á convocatoria de eleccións democráticas, dándose un tránsito a un sistema democrático. Foi aproba polas Cortes en novembro de 1976, sometida a referendo o 15 de decembro de 1976 e aprobada polo 81% dos votantes. Establecía un sistema bicameral (Congreso e Senado), elexido por sufraxio universal.

Nacional-catolicismo: doutrina política na España franquista que se caracterizaba pola estreita relación entre a Igrexa e o Estado. O franquismo defendeu que a vida política, social e cultural estivese sometida ás directrices da Igrexa católica. En contrapartida, a Igrexa converteuse na lexitimadora do réxime franquista.

Pactos da Moncloa: Acordos socioeconómicos efectuados en 1977 polos que as forzas sociais de esquerda e os sindicatos comprometéronse a aceptar certa austeridad nos salarios a cambio doutros beneficios fiscais, financeiros, educativos e sociais.

UCD: Unión de Centro Democrático.- Partido político español creado en 1977 por Adolfo Suárez para darlle cobertura política ao seu goberno. Máis que un partido político foi un conxunto deles que formaban unha coalición. O seu nacemento, crecemento e desaparición foron moi rápidas. As distintas tendencias estaban lideradas polos baróns e o seu enfrontamento entre eles fixo que Suárez dimitise en xaneiro de 1981

Plataxunta: Nome popular polo que se coñece a organización creada a partir da unión da Xunta Democrática e a Plataforma para a Converxencia democrática en 1975, que propuñan a formación dun goberno provisional que implantase un réxime democrático, que procedese a ditar unha ampla amnístía e que convocase eleccións libres. A Xunta Democrática constituíuse en París en 1974 por iniciativa do Partido Comunista, que integraba a Comisións Obreiras, partidos de esquerdas e mesmo personalidades da dereita democrática. A Plataforma de Converxencia Democrática foi impulsado polo PSOE en 1975 que aglutinou a grupos democracristiáns, a UGT e o PNV. Tivo pouca incidencia política, pois ao pouco de formarse cambiaron as circunstancias políticas radicalmente coa morte de Franco.

Sección Femenina: organización feminina de Falange Española y de las JONS,fundada en 1934, dirixida por Pilar Primo de Rivera, irmá do fundador de Falanxe. A súa misión era a de formar a muller con sentido cristián e nacionalsindicalista. Organizaba o Servizo Social da Muller, os traballos sociais que debían realizar obrigatoriamente todas as mulleres españolas, equivalente ao Servizo Militar dos varóns. Impulsou obradoiros e publicacións destinadas a facilitar o adoutrinamento feminino. Desapareceu en 1977

Sindicato Vertical: Sindicato integrado polos empresarios e os obreiros, coa coordinación paternalista do Estado que foi o único permito durante a ditadura franquista. Subtituíron ós sindicatos de clase antes existentes. Oficialmente denominouse Organización Sindical Española e creouse en 1940, pola Lei de Unidade Sindical. Os traballadores quedaron encadrados, de modo forzoso, en corporacións de carácter vertical nas que estaban incluídos, de forma xerárquica, os patróns e obreiros baixo a supervisión do Ministerio de Traballo. Apareceron con Primo de Rivera e consolidáronse no franquismo. CCOO aproveitou a súa infraestructura infiltrándose neles.

Plan de Estabilización: Lei económica aprobada en 1959 que implicou a aceptación dun conxunto de medidas correctoras par liquidar a política económica dirixista e autárquica e integrar a España na economía libre de mercado. Dito plan abranguía tres grandes eixos de actuación: estabilización da economía e liberación interior e exterior da economía. A OCDE e o FMI concederónlles préstamos a España para evitar a bancarrota do Estado.