Moisés

Catalogación

Autor: Miguel Ángel

Cronoloxía: 1513-15 e 1542

Estilo: renacentista- cinquecento

Tipoloxía: escultura exenta

Técnica: talla

Material: mármore

Dimensións: 235 cm (alto)

Localización: Igrexa de San Pietro in Vincoli (Roma)

Tema: relixioso.

Moisés é unha figura central tanto para o xudaísmo como para o cristianismo e o islám.

A estatua representa ao gran patriarca xudeo que liberou ao seu pobo da escravitude á que a tiñan sometidos os exipcios, conducindolles ata a terra prometida.

Aparece coas táboas da Lei que lle ofrecera Deus no seu retiro do Monte Sinaí. Nesas táboas atópanse os Dez Mandamentos básicos que deberá cumprir o pobo xudeo.

Mirando fixamente cara o seu pobo que, aproveitando a súa ausencia, comezaron a adorar á Becerro de Ouro construído a semellanza dun ídolo exipcio. Moisés lanzou as táboas contra o ídolo destruíndose mutuamente.

Moisés recibiu as leis e foron adoptadas polo pobo.

Este Moisés é unha das poucas figuras que sobreviviron ó ambicioso proxecto de tumba de Julio II, unha das encargas que Miguel Ángel recibiu con maior entuasiamo, pero a súa materialización, ó longo de corenta accidentados anos, convertérono, en boca do escultor, nunha "traxedia de tumba".

Algunhas teorías consideran que o xesto irritado e a mirada fulminante do profeta se producen un intre antes de que rompa as Táboas da Lei, cando descobre que o seu pobo traizoou a Deus.

Outros afirman que responde ó momento no que Deus profetiza que non pisará a Terra Prometida; neste caso o fracaso na meta da súa vida sería equiparable ó do papa Julio II que, malia cometer grandes empresas, non logrou unificar os Estados pontificios.

Moisés manifesta a súa indignación: a fereza da ollada, as poderosas mans maltratando a súa barba, os músculos en tensión... son o perfecto resumo da terribilitá.

A esaxerada musculatura e torsión da figura son a máxima expresión do Manierismo maduro de Miguel Ángel.

É unha escultura para ser vista de fronte.