Antimarxismo

A loita de clases, elemento fundamental na análise marxista da sociedade, chocaba profundamente coa homoxeneización e o corporativismo propostos polo fascismo. Sindicatos, partidos políticos, organizacións de esquerda foron hostigados por grupos de carácter paramilitar, mais tarde, ilegalizados e perseguidos polo Estado totalitario.

A presión do fascismo sobre os partidos e organizacións obreiras coincidiu cunha profunda desunión da esquerda.

Así por exemplo, en Alemaña, comunistas e grupos extremistas criticaban aos moderados socialdemócratas, acusándoos de morneza fronte ao capitalismo e a dereita. Con iso contribuíron á desestabilización da República de Weimar, cuxo principal activo radicaba precisamente na esquerda moderada.

En 1919 estalou unha revolta en Berlín, protagonizada por elementos comunistas, os espartaquistas. A acción foi duramente reprimida por soldados da República, apoiados por grupos paramilitares de extrema dereita, os Freikorps.

En Italia, os obxectivos máis hostigados polas organizacións paramilitares fascistas foron os comunistas, socialistas e sindicalistas. Así sucedeu durante a folga xeral levada a cabo o 31 de xullo de 1922, que deixou innumerables mortos por todo o país tras os enfrontamentos que se desencadearon.