A Europa da Restauración

O termo Restauración fai alusión ao período comprendido entre a definitiva caída de Napoleón (1815) e o inicio do proceso revolucionario de 1830. Durante o mesmo a monarquía francesa é restaurada na figura de Luís XVIII de Borbón, irmán de Luís XVI e sucesor do seu sobriño Luís XVII, que nunca chegou a reinar e que morreu en 1795, prisioneiro da revolución. En Europa esta etapa caracterizouse polo intento de recomposición do armazón do Antigo Réxime, algo que os seus partidarios non conseguiron senón de forma limitada.

O Congreso de Viena foi convocado en 1814 co obxectivo de proceder ao reaxuste territorial de Europa.

Nel participaron as principais potencias, representadas polos seus respectivos embaixadores: Austria (Metternich), Gran Bretaña (Castlereagh), Rusia (Alejandro I), Prusia (Humbolt) e Francia (Talleyrand). España interveu superficialmente como potencia de segunda orde.

Fonte: Vicens-Vives

Outros mapas

As frechas indican os obxectivos básicos de cada Potencia. Cando sobre un lugar conflúen dous ou máis frechas, estamos claramente ante un punto de conflito.

As barras sinalan as alianzas durante o Congreso.

A frecha de dúas puntas (vermella) indica o enfrontamento de Prusia e Austria-Hungría pola hexemonía dentro das terras alemás.

Fonte: Blog de Pedro Oña

Nestes dous mapas pódese ver o enorme crecemento territorial de Prusia no Congreso de Viena (COMPARAR A EXTENSIÓN DA COR AZUL), sinalando que non é só a gran cantidade de territorio que se anexiona, senón a importancia económica do mesmo, por exemplo da Renania.

En azul, Prusia antes de 1815

Prusia tras o Congreso de Viena en 1815