A Capela Sixtina

Chámase Sixtina polo Papa Sixto IV

Pon en concordancia o mundo pagano e o mundo cristiano: alternanse sibilas e homes (profetas).

Como pintou Miguel Anxo a Capela Sixtina?

Que pintou?

Miquel del Pozo "Mirar la Capilla Sixtina"

Catalogación

Título: Bóveda da Capela Sixtina

Autor: Miguel Anxo

Cronoloxía: principios do século XVI (1508- 1512)

Estilo: Renacentista (Cinquecento)

Técnica: pintura ao fresco

Localización: Capela Sixtina do Vaticano (Roma)

Tema: Biblíco. Escenas do Antigo Testamento, dende ao inicio coa formación da terra, a creación de Adán ata Moisés. As figuras dos profetas Joel, Isaías, Ezequiel, Daniel e Jeremías. Algúns antepasados de Cristo. Cinco sibilas, ignudis... En total, máis de 300 figuras humanas.

Catalogación

Título: Xuízo Final

Cronoloxía: primeira metade do século XVI (1537-1541)

Técnica: fresco que recubre toda a parede central.

Tema: o momento no que Cristo valora o comportamento humano, explicado no libro da Apocalipse de San Xoán. Presidindo a escena atópase a figura de Cristo-Xuíz, acompañado da Virxe, coa man dereita levantada en actitude de condenar.

Arredor da figura de Cristo-Xuíz represéntase unha corte de profetas, apóstolos e santos, entre os que destacan San Pedro á súa esquerda coas chaves, e San Lourenzo e San Bartolomeu (quen adopta o rostro do propio pintor) aos seus pés, cos símbolos dos seus respectivos martirios: unha grella e a súa propia pel.

Na parte esquerda do Mesías pódense ver os condenados, que son lanzados ao inferno polos anxos xusticeiros. No inferno espéralles Caronte, que coa súa barca se encarga de levar as almas impuras ante o xuíz infernal Minos (figura da esquina con serpes ao seu arredor- e ante Leviatán.

No lado dereito, represéntase aos benaventurados, que soben ao ceo con algunha dificultade, axudándose os uns aos outros.

Finalmente nas dúas lunetas da parte superior, pinta aos anxos portadores dos símbolos da Paixón de Cristo: a columna, a cruz, os cravos e a coroa de espiñas.