Emprego da propaganda e o terror

Para atraerse ás masas, os réximes fascistas puxeron gran empeño en controlar os medios de comunicación, especialmente, a radio e a prensa. Unha vez no poder aboliron a liberdade de opinión, perseguiron aos xornalistas independentes e utilizaron masivamente a propaganda para inculcar valores como patria, xefe, raza, etc.

Xunto a eses medios empregouse o terror, a delación, a represión e a reclusión en campos de concentración, valéndose ata do asasinato.

Simultaneamente, pretendeuse ofrecer unha imaxe atractiva do réxime, tanto en exterior como no interior, mediante o emprego dun aparato grandilocuente: exhibición de vistosos uniformes, saúdos marciais, despregamento de bandeiras e estandartes, brillantes desfiles militares presididos polos xerarcas, discursos, etc. Intentábase dese modo impresionar ás masas e comarlas de orgullo patriótico.

En 1936 os Xogos Olímpicos celebráronse en Berlín. Hitler aproveitou a ocasión para transmitir ao mundo a imaxe dunha Alemaña moderna, forte e unida baixo un indiscutible liderado.

Helene Bertha Amalie «Leni» Riefenstahl foi unha actriz e cineasta alemá, soada polas súas producións

propagandísticas do réxime da Alemaña nazi.