Arte Cinética ou Op-Art

A partir de 1955 empezouse a usar o termo arte cinética para definir a un tipo de arte na que se incorpora o movemento dun modo non soamente ilusorio, senón tamén real. Op art, é unha tendencia artística de corte abstracto desenvolvida sobre todo nos anos 60, que se basea en xogar cos nosos ollos para conseguir imaxes que simulan movemento e toda sorte de ilusións ópticas.

Pódese clasificar:

- Obras de carácter bidimensional ou tridimensional, con movemento real, e xeralmente dotadas dun motor.

- Obras bidemensionais ou tridimensional estáticas, aínda que produzan efectos ópticos.

- Obras transformables, que tamén poden ser bidimensionais ou tridimensionais e que requiren que o espectador se desprace para apreciar o movemento.

Victor Vasarely (Hungría 1906- París 1997), foi o pai do Op-Art.

Interesouse máis ben pola arte abstracto de Mondrian e Malévich, xente moi interesada polo que a xeometría podería aportar á arte.

Vasarely chamou a todo isto cinética visual (cinétique plastique) e baseábase na percepción do espectador que ao final, considérase o único creador da obra. Ou máis ben o ollo do espectador, un membro do corpo humano moi fácil de enganar.

A principios da década de 1930 foise a Paris e empezou a súa investigación artística principal: un tipo especial de arte abstracto xeométrico, que proporciona efectos ópticos de movemento, e así xoga connosco, pobres espectadores enganados por formas e perspectivas estrañas, e imaxes inestables. Utilizou para iso unha pintura nada gestual. Ao parecer, estas obras estaban influenciadas polas paredes de azulexos brancos da Denfert Parides, que creaban unha sensación óptica especial.