VOCABULARIO

    • Clases sociais: grupos nos que se dividen as sociedades contemporáneas, a partir das revolucións liberais que asentaron o principio da igualdade xurídica entre todos os indivíduos, poñendo fin ao Antigo Réxime. Os dous grandes grupos ou clases nos que se dividiu a sociedade foron a burguesía (propietaria dos medios de produción) eo proletariado (que non posúe medios propios para producir e aluga a súa forza de traballo a cambio dun salario).

    • Cartismo: movemento político e social dos obreiros británicos (1836-48) que redactaron unha "Carta do Pobo" para presentar ante o Parlamento, reivindicando o sufraxio universal masculino e secreto, elixilibilidade dos non propietarios así como a retribución aos deputados. A Carta foi rexeitada polo Parlamento e a partir de 1848 iniciouse a decadencia do cartismo. O cartismo foi o primeiro intento da clase obreira dun país europeo de organizarse en movemento político.

    • Internacionalismo proletario: ideoloxía que para os socialistas (marxistas e anarquistas) corresponde á clase obreira que, na súa opinión, "non ten patria" e que se enfronta ás concepcións nacionalistas que consideran ideoloxías burguesas.

    • Loita de clases: na teoría marxista é o "motor da historia" xa que o enfrontamento entre grupos con intereses antagónicos no transcurso da historia é o que fixo posible o progreso humano. Para Marx o resultado da loita de clases nas sociedades capitalistas saldaríase co triunfo da clase obreira e o establecemto dunha sociedade sin clases ou comunista.

    • Medios de produción: Segundo a teoría marxista, os medios de produción son os instrumentos e materiais que interveñen no proceso de traballo. Están constituídos polas materias primas, as máquinas, as ferramentas, o diñeiro, así como polas unidades de produción, é dicir, os talleres e fábricas. Tamén son medios de produción as oficinas, os almacéns e os vehículos de transporte.

  • Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) foi fundado por Pablo Igrexas en 1879 co obxectivo de conquistar do poder desde os orzamentos marxistas. Conseguiu especial arraigamento nas zonas industriais (País Vasco, Madrid, Asturias), aínda que a súa importancia foi menor en Cataluña, onde predominou o anarcosindicalismo.

    • Plusvalía: na teoría marxista é a parte das riquezas que queda despois de descontar o valor dos salarios, as materias primas, o prezo da enerxía, etc e que aínda que foi producida polos traballadores, aprópianse dela os propietarios dos medios de produción (os burgueses).

  • Primeiro de maio: festa que foi institucionalizada pola Segunda Internacional Socialista tras o Congreso de Bruxelas de 1891. O seu obxectivo era celebrar folgas e manifestacións de carácter solidario e fomentar a unidade entre a clase traballadora de diferentes países.

  • Revisionismo: conxunto de ideas, principios e teorías baseadas nunha revisión significativa das premisas fundamentais do materialismo histórico de Karl Marx no século XIX. O termo foi historicamente usado por parte daqueles marxistas que cren que tales revisións son inxustificadas, polo que representan un abandono ou traizón do que eles mesmos interpretan como a variante "máis pura" do marxismo. Fundamentalmente, o revisionismo, na formulación de Eduard Bernstein, consiste na defensa destes puntos de vista:

    • O marxismo non é puramente materialista nin puramente económico.

    • Na historia non actúan exclusivamente forzas económicas.

    • A teoría da plusvalía é simplista e demasiado abstracta.

    • Aínda admitindo a loita de clases, non se dá exclusivamente entre capitalistas e proletarios, senón entre os capitalistas entre si e os proletarios entre si.

    • Non é precisa unha revolución violenta para alcanzar o socialismo, porque pode chegarse a el mediante unha evolución pacífica a través do sindicalismo e da acción política.

  • Sindicalismo: Conxunto de métodos e teorías que teñen por obxectivo a agrupación de persoas de profesión similar para a obtención de fins comúns e defensa dos seus intereses, que poden ser patronais,obreiros, artesanais ou campesiños, segundo a rama de produción ou profesinal abarcada pola agrupación. Os orixes do sindicalismo obreiro remóntanse á Trade Unions inglesas, que legalizadas desde 1824, agruparon aos primeiros sectores obreiros das industrias máis desenvolvidas.

  • Socialismo:conxunto de doutrinas que denuncian os abusos do capitalismo liberal. Propoñen a substitución da propiedade privada pola propiedade colectiva e aspiran a construír unha sociedade de homes libres e iguais.

  • Socialismo utópico: termo utilizadopor Friedrich Engels para designar aos pensadores que formulaban sociedades ideais (utópicas) pero non se implicaban nas formas de loita ou organización necesarias para conseguilas.

VOLTAR