Goya e o nacemento da arte contemporánea

CatalogaciónTítulo: Os fusilamentos do 3 de maio

Autor: Francisco de Goya

Cronoloxía. 1814

Modalidade pictórica: Óleo sobre lenzo. (268cm. X 347 cm.)

Localización: Museo do Prado, Madrid.

Xénero: Pintura figurativa: Pintura histórica.

Tema: Representa un feito histórico real: o fusilamento de civís madrileños como castigo polo súa rebelión contra os franceses, rebelión que dará lugar á Guerra da Independencia (1808-1814).

Francisco de Goya e Lucientes naceu en Fuendetodos en 1746 e morreu en Bordeos en 1828. Como moitos intelectuais da súa época era un admirador de Francia e da súa ideoloxía política e social, pero non podía aceptar que os franceses invadisen España. Así, aínda que algunhas medidas liberais tomadas polo irmán de Napoleón foron do seu agrado, Goya situouse ao lado de pobo combatente ao que inmortalizou en diversos cadros. Tras a guerra, mantívose nas súas ideas liberais, o que motivou que ante as persecucións que se producen tras o Trienio Liberal, opte por se marchar a Bordeos onde finalizou a súa vida.

a) Descrición e localización

— A escena representa uns fusilamentos. Ten lugar ao pé dunha montaña, nunha paisaxe escura xa que é de madrugada. Os dous grupos de personaxes que compoñen o cadro son os soldados franceses, por unha banda, e os patriotas pola outra.

— Os feitos da escena sucederon a madrugada do día 3 de maio de 1808. 0 seu autor, Goya, puido ser testemuña deles xa que a súa vida transcorreu entre os anos 1746 ao 1828.

b) Análise dos personaxes

- O grupo de soldados franceses está representado de costas e non se ve o rostro de ningún. Con iso o autor trata de non lles dar ningún tipo de humanidade e de converter o pelotón de execución nunha máquina de matar sen ningún tipo de sentimento.

— Os españois están divididos en tres grupos: os patriotas á espera de ser fusilados, os patriotas no momento de ser fusilados e os patriotas desan­grándose. Entre eles existe unha secuencia temporal marcada polo fusilamento: antes os que esperan, durante os que están a piques de; e despois os que se desangran.

— As actitudes dos personaxes son diversas: a do desa­fío ante a inxustiza que mira os seus verdugos cara a cara; a do rostro que se tapa, desesperado, para non ver o inevitable; a do crego que reza antes de morrer; a actitude de protesta e vinganza, con rostro de enfado e rabia; e a de resignación desesperada que mira con medo ante a morte próxima.

Análise artística: A composición ven dada pola oposición do grupo dos verdugos e do grupo das vítimas, dous grupos enfrontados e contrapostos.

— Os soldados en perfecta formación, estruturados nesa diagonal que nos leva ó fondo, e da que emerxe con nitidez a liña recta dos mosquetóns. Goya non os individualiza, ademais de non vérselles o rostro son iguais en postura, vestimenta e acción; son meras máquinas cumprindo ordes. Pola contra, noutro lado as liñas de composición tenden á curva, nunha clara oposición das vítimas cos seus verdugos. Son visibles os seus rostros, as súas actitudes diferenciadas, o drama que se concentra na figura de xeonllos, a única que mira ós soldados. A oposición dos dous grupos xera a tensión que converte a obra nunha proclama antibelicista.

No ambiente nocturno, unha soa luz ilumina o suceso: o farol cúbico depositado sobre a terra. Produce un halo amarelo, ilumina ós patriotas mentres deixa na penumbra toda a parte dereita, as sombras dos soldados franceses debúxanse no chan. Volve así a remarcar o antagonismo dos dous grupos, esa luz ten un carácter simbólico. Especialmente iluminada está a figura central, a súa camisa branca reloce na escura noite como a derradeira luz de esperanza e vida. Mais ambas son ficticias posto que só é o reflexo dos disparos. A cidade durmida comeza a ser iluminada pola lúgubre luz do amencer.

No ambiente nocturno, unha soa luz ilumina o suceso: o farol cúbico depositado sobre a terra. Produce un halo amarelo, ilumina ós patriotas mentres deixa na penumbra toda a parte dereita, as sombras dos soldados franceses debúxanse no chan. Volve así a remarcar o antagonismo dos dous grupos, esa luz ten un carácter simbólico. Especialmente iluminada está a figura central, a súa camisa branca reloce na escura noite como a derradeira luz de esperanza e vida. Mais ambas son ficticias posto que só é o reflexo dos disparos. A cidade durmida comeza a ser iluminada pola lúgubre luz do amencer.

c) Interpretación e contexto histórico:

- Nesta pintura Goya pretende denunciar a invasión napoleónica e destacar o valor do pobo que se enfrontou aos franceses.

— Goya destaca o personaxe de primeira fila que vai ser fusilado, dándolle á súa roupa unha cor clara fronte á escuridade reinante no cadro. Este personaxe, brazos en alto, representa o desafío ante a inxustiza.

— A obra está relacionada coa sublevación popular que se desencadeou en Madrid o 2 de maio de 1808 a consecuencia das abdicacións de Baiona e da entrada das tropas francesas en España. Esta rebe­lión popular tivo como consecuencia unha re­presión que se plasmou nos fusilamentos ocorridos ao día seguinte.