Os Estados non democráticos

Acadar a democracia foi unha tarefa longa e difícil e supuxo numerosos conflitos políticos e sociais. Tanto no pasado coma na actualidade, nal­gúns países o poder exerceuno e exérceo unha soa persoa ou un grupo privilexiado, que decide segundo os seus intereses.

· A monarquía absoluta é aquela na que o Rei concentra todo o poder (dita leis, goberna e xulga) ou escolle directamente os que han de exer­cer estas funcións no seu nome. Estes monarcas afirman que actúan en nome de Deus. Arabia Saudita e Omán, en Asia, son exemplos de mo­narquías absolutas.

· A ditadura é un réxime no que unha persoa, co apoio dun partido políti­co, un grupo étnico ou o exército, goberna cun poder absoluto. As ditadu­ras foron frecuentes nos países de América Latina e, na actualidade, sono en numerosos Estados de África e de Asia.

Países do mundo segundo o seu nivel de liberdade política en 2009. (Mapa)