A Ditadura fascista

Réxime totalitario: Estado e Partido Nacional Fascista quedan completamente identificados.

Mussolini concentra na súa persoa todos os poderes

    • Executivo: Xefe de Goberno (nomea e revoga ministros)

    • Lexislativo: lexisla mediante decretos.

    • Xudicial: os tribunais ao servizo do Estado fascista.

1926 Lei Rocco: prohibición de partidos políticos e sindicatos (excepción dos fascistas).

1934. Os sindicatos integranse en 22 coorporacións das que tamén incluíase ás organizacións patronais.

1928. O Parlamento pasou a depender do "Gran Consello Fascista" (órgano superior do partido)

1929. O Parlamento foi substituído por un órgano consultivo formado polos dirixentes das corporacións fascistas: "A Cámara dos Fasci e das Corporacións"

As autoridades locais e provinciais eran nomeadas polo goberno, e os non adictos ao réxime foron depurados.

Creouse a policía política (OVRA, Organización de vixilancia e represión antifascista).

Outros aspectos que lle axudaron a conseguir o favor do pobo

    • Achegamento a Igrexa católica (1929 PACTOS DE LETRÁN

    • A política exterior: Nacionalista e expansionista (recuperar os territorios perdidos (irridentos)). Derivarará nunha remilitarización

Dirixismo económico

A Carta do Traballo de 1927 plasmou o corporativismo económico do Estado fascista. As empresas privadas quedaron baixo a súa supervisión, e desenvolveuse unha "terceira vía" capitalista fronte ao liberalismo (defensor da iniciativa privada) e o socialismo (propietario dos medios de produción).

No entanto, as grandes corporacións industriais gozaron de maior liberdade de acción que as medianas ou pequenas e, en gran medida, escaparon ao intervencionismo estatal.

A política económica subordinaba a iniciativa privada ao interese xeral pero, en realidade, favoreceu á gran patronal e aos terratenientes. Potenciou o crecementoeconómico ao redor da industria pesada e as grandes empresas.

No campo agrario fomentouse a autosuficiencia do país mediante a autarquía, para o que se fixo necesario incrementar a produción e diminuír a dependencia do exterior.

Desenvolvéronse campañas cuxa denominación evocaba a linguaxe bélica: así naceron a "batalla do trigo", ou a "batalla dos nacementos", esta última encamiñada a impulsar o crecemento da poboación.

Esta gráfica mostra os resultados da "batalla do trigo" na que tanto empeño puxo Mussolini. O aumento da produción de trigo é innegable. Hai que matizar que se dedicaron ao cultivo do trigo terreos nos que puidesen haberse cultivado produtos máis rendibles.

Si se observa a evolución da produción agrícola reflectida na gráfica, dámosnos conta de que a produción global non creceu demasiado.

Segundo o gráfico o sector máis benefiado pola política económica fascista foi a produción industrial, acentuada pola política militarista do ditador. O máis prexudicado foi a produción agrícola no que se observa un crecemento austero e mesmo unha baixada entre 1934 e 1936.

A poboación medrou durante o período, porén o crecemento non foi espectacular. Se unimos un aumento de poboación continuo a unha produción agrícola estancada nos mesmos índices durante os primeiros catro anos dos 30, vemos como o índice de consumo de trigo por habitante, que inicialmente xa era baixo, remata derrubándose.

Ante a Crise de 1929, o Estado incrementou o control sobre a economía, intensificando a autarquía e creando organismos como o IRI (Instituto para a Reconstrución Industrial, 1933). Este aglutinaba empresas pertencentes a sectores estratéxicos como as comunicacións ou a siderurgia (indispensable para a industria de armamentos).

O réxime acometeu un importante labor de modernización das infraestruturas de comunicación e transporte, especialmente no relativo ao ferrocarril e a rede de estradas, construíndose as primeiras autoestradas e impulsando a motorización.

Estrito control social

A proba máis do carácter totalizador da ditadura de Mussolini foi a posta en marcha de Opéraa Nazionale Balilla creada co fin de imbuír nos mozos, desde unha idade moi temperá, os ideais fascistas e educalos nos seus principios. Foi creada en 1926 e tomou o nome dun neno genovés que en 1746, ao arroxar unha pedra contra os ocupantes austriacos do norte de Italia, provocou unha revolta antiaustriaca.

A ONB trataba de organizar aos mozos de 8 a 14 anos. O seu obxectivo formar novos (os homes do mañá) autenticamente fascistas. Atendeuse especialmente á súa formación ideolóxica e física cunha estrutura para militar.