As condicións de vida e de traballo da clase obreira

Coa industrialización pasóuse dun sistema de manufactura na que os traballadores eran na súa maioría artesáns propietarios dos seus propios medios de produción (das ferramentas e talleres... que lle permitían iniciar e rematar cada produto), ao obreiro asalariado que xa non é dono dos medios de produción (máquinas, fábricas...) senón que é unha peza máis no proceso de produción.

· A creación de industrias dependen en grande medida da acumulación de capital necesario para poñelas en funcionamento. Para conseguir a maior acumulación de capital reducíronse os salarios ó mínimo imprescindible para que os traballadores poidesen sobrevivir.

· As condicións laborais dos traballadores foron dunha dureza increíble, máis semellantes a unha prisión que a un taller (castigos físicos, multas...), sin ningunha lei que os protexese de abusos, con xornadas de traballo que oscilaban entre as 14 e 16 horas diarias; salarios tan escasos que a penas cubrían os mínimos vitais, abuso da man de obra femenina e infantil con salarios aínda menores...

· Ás duras condicións laborais había que engadir a miseria moral e física: analfabetismo, verse impelidos á mendicidade, á prostitución ou á delincuencia se non atopaban traballo; desnutrición por unha alimentación insuficiente; enfermedades; nulas condicións sanitarias ou hixiénicas... A situación das vivendas, caras, escasas e insalubres,nas que vivían amontonados,era especialmente grave debido á forte migración desde o campo ás cidades. Cando en 1807 se presenta ante o Parlamento inglés un proxecto de lei para crear escolas de educación primaria foi rexeitado pola Cámara dos Lores co pretexto de que era perigoso fomentar a educación dos pobres porque podería propiciar que reflexionasen sobre a súa situación e despreciasen a súa condición, poñendo en perigo a orde social estabrecida.