A abstración xeométrica

O Neoplasticismo, estilo que se aplica tanto á pintura como a arquitectura ou deseño, é unha arte abstracta caracterizada por formas extraordinariamente sinxelas (planos, figuras xeométricas simples, liñas) e cores primarias. Partindo de investigacións previas, como as cubistas, presenta novas alternativas estéticas á sociedade moderna.

O renovado interese pola estrutura levounos plantexar se a pintura non podía converterse nunha especie de construción semellante á arquitectura. Así que se centraron en buscar as relacións matemáticas entre as formas coloreadas para, transcendendo a realidade externa, facer unha arte universal.

Sérvese de formas planas rectangulares e cadradas, rexeita a simetría se ben persegue a harmonía, emprega principalmente as cores primarias, o branco como fondo e o negro para as liñas que delimitan as formas -branco e negro son considerados como non cores-.

Pouco teñen que ver coa abstracción de Kandinsky e a súa vertente emotiva, só os une a non figuración. Sen embargo Mondrian pretende coa súa obra un mundo mellor tras dos horrores da Guerra Mundial

Mondrian partiu do realismo para chegar, influído polos cubistas, á abstración pura baseada en construcións xeométricas cada vez máis sinxelas; na súa época de maior economía expresiva só utilizaba cadrados e rectángulos de cores planas distribuídas de xeito estrátexico co fin de crear a sensación de movemento.

Cadrados e rectángulos de diversas medidas acollen masas de cor branca, negro ou dalgúns das cores primarias, separados por grosas liñas negras.

Catalogación

Título: Táboa I, con negro, vermello, amarelo e azul pálido. Autor: Piet Mondrian (1872-1944)

Cronoloxía: 1921

Estilo: abstración xeométrica o neoplasticismo (importancia das liñas negras, verticais e horizontais, que delimitan estruturas claras e crean o equilibrio necesario na pintura.

Técnica: óleo sobre lenzo.

ANÁLISE

A obra resulta do interese por estudar e analizar a elementalidade da liña, o plano e as cores fundamentais, eliminando toda referencia á profundidade ou movemento.

Todas as obras desta época, entre 1920 e 1940, son moi semellantes, un enreixado de liñas que forman recadros de distintos tamaños e cores elementais, entre os que predomina o branco, fondo e luz.

A esta idea responde a presente obra: formas rectangulares de distintos tamaños; cores planas e puras; os primarios -amarelo, azul e vermello- combinados con azul claro; grosas liñas negras verticais e horizontais coa precisa función de separar as cores para que non se inflúan; liñas que se cortan en ángulos rectos; unha calculada proporción; disposición asimétrica pero equilibrada e harmónica.

Coas súas obras demostra que a percepción da cor non cambia pero a súa valoración si o fai coa amplitude da área que cubre e coa súa forma; que dúas zonas de distinta extensión teñen o mesmo valor se está compensada pola cor; que unha proporción perfecta lograse ó equilibrarse formas e cores no plano xeométrico, deixando de ser un mera superficie xeométrica.

É unha arte racional, física e matemática, sen emoción nin sentimentalismos, obxectiva e sen tensións. Algo que a primeira vista resulta tan simple, ten sen embargo detrás todo un proceso mental de múltiples e posibles combinacións sobre as que o artista ha de tomar decisións: a colocación, o tamaño e a cor dos elementos que a compoñen.

A obra adquire un efecto monumental pese a escaseza de elementos empregados, e compositivamente plenamente equilibrada en cor, forma e disposición.

Fonte: vieiros da arte

Comentario


Composición nº 1 con vermello e azul Mondrian

Neoplasticismo

Primeiro terzo, século XX (1931)

Museo Nacional Thyssen-Bornemisza