Campos de concentración (Gulag)

A denuncia do sistema gulag por A. Solzhenitsyn

"Alexander Solzhenitsyn naceu en 1918 en Kislovodsk, Ucrania. Loitou co exército soviético durante a Segunda Guerra Mundial e en 1945 foi arrestado por criticar a Stalin nunha carta. Permaneceu oito anos en varios campos de concentración, obrigado a realizar traballos forzados. En 1953, aínda que cumprira a súa condena, foi deportado a Kazajstán. Coa chegada de Kruschev, foi rehabilitado. Entón puido publicar Un día na vida de Iván Denisovich (1962), onde recreaba as torturas e privacións que padeceu. Esta novela causou gran impacto dentro e fóra da URS, pero Solzhenitsyn non tardou en caer en desgraza. En 1968, ao denunciar que a censura estaba prohibindo varios dos seus libros, foi expulsado da "Unión de Escritores Soviéticos". Dous anos despois foi galardonado co Premio Nobel de Literatura, o que non impediu que en 1974 fose desposeído da cidadanía soviética a raíz da publicación en Occidente do Arquipélago Gulag 1918-1956, monumental denuncia do terror estalinista. Viviu exiliado en EEUU ata que regresou a Rusia en 1994".

Nesta obra-testemuño, o autor trata de reconstruír a vida nos campos estalinistas de internamiento e castigo: a indefensión, as vexacións, o fame, os sufrimentos, os traballos, a morte.... a partir das vivencias do propio autor e de máis de 200 testemuñas que os sufriron.

De regreso a Rusia en 1994, Solzhenitsyn gozou do recoñecemento ruso e antes do seu falecemento (principios de agosto de 2008), recibiu a condecoración do Kremlin cun dos máis grandes honores nacionais. O decreto do premio foi asinado polo presidente Vladimir Putin, para quen o escritor tivo opinións favorables nos últimos anos. Putin buscou resaltar os "méritos humanitarios" do escritor, segundo transcendeu.