Lectura: La Regenta, LEOPOLDO ALAS, "CLARÍN"

«O marqués de Vegallana era en Vetusta o xefe do partido máis reaccionario entre os dinásticos: pero non tiña afección

á política e máis servía de adorno que doutra cousa. Tiña sempre un favorito que era o xefe verdadeiro. O favorito actual era

(¡oh, escándalo do xogo natural das institucións e da quenda pacífica!), nin máis nin menos, don Alvaro Mesía, o xefe do

partido liberal dinástico. O reaccionario cría resolver os seus propios asuntos e en realidade obedecía ás inspiracións de

Mesía. Pero este non abusaba do seu poder segredo. Como un xogador de ajedrez que xoga só e o mesmo se jnteresa polos

brancos que polos negros, don Alvaro coidaba dos negocios conservadores o mesmo que dos liberais. Eran pans prestados. Si

mandaban os do marqués, don Alvaro repartía estanquillos, comisións e licenzas de caza, e a miúdo algo máis suculento,

coma se fosen goberno os seus; pero cando viñan os liberais, o marqués de Vegallana seguía sendo arbitro nas eleccións,

grazas a Mesía, e daba estanquillos, comisións e ata prebendas. Así era a quenda pacífica en Vetusta, malia as aparencias

de encarnizada discordia. Os soldados de fila, como se chamaban eles, apaleabanse alá nas aldeas, e os xefes entendíanse,

eran uña e carne. Os máis listos algo sospeitaban, pero non se protestaba, procurábase sacar taxada dobre, aproveitando o

segredo».

Neste fragmento aparece reflectido o sistema político de Cánovas, denominado Restauración. Reflíctense os dous partidos políticos que se turnaban pacíficamente: "xefe do partido máis reaccionario entre os dinásticos", neste fragmento refírese ao partido Conservador.

Tamén aparecen os métodos utilizados para controlar as eleccións, como os caciques: "en realidade obedecía ás inspiracións de Mesía?"; e os "estanquillos, comisións, e licenzas de caza".

En definitiva neste texto apréciase un sistema político corrupto.