Independencia de Grecia

A matanza de Quíos

A matanza de Quíos (en francés, Scène des massacres de Scio) é un cadro de Eugène Delacroix, conservado no Museo do Louvre de París, Francia. Trátase dun óleo sobre lenzo que mide 417 cm de alto por 354 cm de ancho. Data do ano 1824.

Este cadro representa un episodio da guerra de independencia dos gregos contra os otománs ocorrido ese mesmo ano: a matanza de 20.000 habitantes das illas gregas, e o sometemento á escravitude das mulleres e os nenos sobreviventes.

Cadro practicamente monocromo, cunhas tonalidades cobrizas que unifican o espazo e proporcionan ao cadro unha luz infernal.

O cadro componse de tres pirámides humanas.

De esquerda a dereita, ven expresións de medo e desesperación. Os corpos, semidesnudos e tirados, reflicten a derrota dos gregos.

Á esquerda hai unha parella moribunda. Pode verse o sangue que percorre o corpo do home.

En primeiro plano, á dereita, atópase a figura dunha muller vella, que mira cara a fóra do lenzo con expresión de horror. A súa presenza reforza o patetismo da escena.

Detrás dela, á dereita, vese a un oficial turco levándose a unha muller espida, o que salienta a crueldade da masacre.

Destaca no lenzo a ausencia dun heroe. A masa dos habitantes son os protagonistas, os que resultan heroicos, sufrindo todos eles a guerra.