A Piedade Rondanini

Aínda que inacabada ata o punto de que as formas só se insinúan, esta Piedade, afonda no sentido vertical da composición e no afastamento da linguaxe clasicista.

Nesta patética escultura inacabada, o artista reflicte a súa propia vellez e a súa actitude ante a morte: xa non pretende mostrar a beleza material do corpo, senón a beleza espiritual, a da alma.

Os corpos de canon moi alongado e sen as poderosas musculaturas anteriores,

semellan formas etéreas, ingrávidas como se Miguel Anxo estivese a prescindir das formas cunha total despreocupación pola beleza plástica. Ocupan un espazo mínimo e dispóñense nun equilibrio inestable que

xenera unha marcada sensación de se deslizar acentuada nas pernas dobradas de Cristo abandonadas á morte.

Visto de lado o grupo describe unha curva que subliña o recollemento e amplía o sentido de descenso.

A Piedade Rondanini ven ser o punto final da evolución artística de Miguel Anxo, pero tamén da súa evolución espiritual, resulta o mellor exemplo da liberdade creadora, a su maniera, superadora do clasicismo renacentista.

Catalogación

Título: A Piedade Rondanini

Autor: Miguel Anxo

Cronoloxía: segunda metade século XVI

Estilo: Renacemento (Cinquecento)

Tipoloxía: escultura exenta

Técnica: talla

Material: mármore

Localización. Museo d' Arte Antica, Milán

Tema: relixioso. Tema da Paixón de Cristo. A Virxe de pé, suxeita o corpo morto do seu Fillo.