Vocabulario

Ábsida: Espazo xeralmente semicircular pero tamén poligonal ou rectangular que remata a cabeceira dalgunhas igrexas e na que se sitúa o altar. Orientase cara ó leste. Pode haber unha ou máis ábsidas, sempre número impar e a central de maior desenvolvemento.

Arco: elemento sustentante de trazo curvo que salva o espazo baleiro entre dous muros ou dous soportes. Descarga os empuxes verticais do peso que soporta desviándoos aos apoios laterais.

Arquitectura abovedada

Basílica: edificio formado por un espazo dividido en naves por fileiras de columnas. Xurdiu en Roma onde usabase para asuntos xudiciais e económicos e despois o cristianismo adaptou a súa forma para os seus templos.

Bóveda: é unha cuberta arqueada que cubre un espazo entre muros ou entre soportes.

Clave: a doela central que pecha o arco. Tamén nas bóvedas hai unha peza central chamada clave.

Contrarresto de presión

Degradación técnica

Doela: cada unha das pezas en forma de cuña nas que se divide a estrutura do arco.

Extradorso

Imposta: fiada de pedra ou ladrillo, a miúdo sobresaínte, sobre a que se asentan un arco ou unha bóveda.

Intradorso

Morteiro ou argamasa :mestura de cal, area e auga. Utilizase para formar o aglomerado que se usa nas construcións.

Opus ou aparello: é a forma na que se dispoñen os elementos para a construción dun muro

Planta basilical: planta lonxitudinal de forma rectangular. Adoita estar dividida en naves separadas por columnas e rematadas nunha ou máis ábsidas.

Planta de luces

Planta de plan central: aquela na que os muros exteriores equidistan aproximadamente dun punto central. Adopta as formas circulares, poligonais e de cruz grega.

Retrato: reprodución artística dunha persoa, ou tamén dun animal. Pode ser individual ou de grupo; de corpo enteiro, de medio corpo ou de busto; realizado tanto en pintura como en escultura ou en fotografía.

Cando se fai dun mesmo recibe o nome de autorretrato.

Retrato ecuestre

Relevo histórico: escultura realizada sobre unha superficie de pedra o madeira que sobresae do plano e que narra feitos históricos.

Salmer: é a primeira doela, inmediata ó arranque.

Sartego: sepultura de calquer material para a inhumación dun cadáver.