A arte asturiana

O reino asturiano, consolidado como núcleo de resistencia fronte ao Islam a partir do século VIII, inicia o seu apoxeo con Alfonso II o Casto (791-842), quen trata de lexitimar o seu reino como unha continuidade do visigodo e impulsa unha política de prestixio por medio da alianza coa Igrexa. Converte a Oviedo en capital do reino, cidade na que se desenvolve unha importante actividade construtiva. Os seus sucesores, Ramiro I (842-850) e Alfonso III (866-910), manteñen este afán construtivo, que converte aos reis asturianos en clientes desta arte, de aí o seu carácter áulico, cortesán e relixioso.

Distínguense tres etapas ao longo do século IX:

ü Alfonso II: Cámara Santa, San Julián dos Prados, e San Tirso.

ü Ramiro I: Santa María do Naranco, San Miguel de Lillo (Liño) e atribúese Santa Cristina de Lena.

ü Alfonso III: San Salvador de Valdedios, a fonte da Foncalada (Oviedo)...

San Miguel de Lillo

Santa Cristina de Lena

San Salvador de Valdedios

Os artistas foron persoas anónimas que estiveron ao servizo dos monarcas. O nome de Tioda, arquitecto de Alfonso II, chegou ata nós pero descoñecemos quen foi o arquitecto do Naranco.

Os edificios, igrexas fundamentalmente e algúns palacios, son de tamaño reducido; as igrexas teñen planta basilical, con tres naves, transepto que se marca en planta por medio de dous habitacións adosadas, cabeceira recta e tripartita e pórtico saliente de entrada, de influencia visigoda.

Empréganse mampostería e cachotería como materiais construtivos, e só aparecen os sillares de pedra nos ángulos das esquinas ou nos contrafortes. Os elementos de soporte son os muros, reforzados ás veces con arquería cega e contrafortes,as columnas e os piares, que perderon a proporción clásica. Os arcos son de medio punto ou de medio punto peraltados. Utilizan bóveda de canón con arcos faixóns ou cubertas alinteladas de madeira vista.

En conxunto as construcións destacan polas solucións que aportan: espazos equilibrados, verticais, liberación dos muros que pasan a ser elementos de pechadura, e perfecta distribución de soportes e empuxes.