6. Significado da Revolución Francesa

  • Foi a primeira revolución política burguesa do continente europeo

Os seus precedentes hai que buscalos na Revolución Inglesa do século XVII e na Independencia dos Estados Unidos.

Asestou un golpe decisivo ao absolutismo monárquico que foi substituído pola soberanía nacional, a repartición de

poderes e o recoñecemento das liberdades individuais.

Aínda que perviviron as grandes propiedades agrarias (en mans da burguesía), naceu un novo tipo de explotación de

tamaño medio en substitución dos antigos latifundios pertencentes á nobreza e ao clero.

As futuras revolucións burguesas que se desenvolven ao longo do século XIX volverán os seus ollos cara a ela. Sucedeu

así nas ondas de 1820, 1830 e 1848 e nos procesos de independencia colonial que deron orixe a novos estados, como os

da América hispana.

  • Constituíu un referente político e ideolóxico

  • Dotou a Francia dunha nova estrutura da propiedade agrícola

  • Supuxo a implantación do liberalismo