Arte Mesopotámica

Contexto histórico

Na rexión mesopotámica, en torno aos ríos Eufrates e Tigris, ao unísono con Exipto e con independencia, se desenvolve unha das primeiras civilizacións do mundo. Esta civilización, por razóns étnicas xeográficas e políticas, se desenvolve en condicións opostas á civilización exipcia.

En Mesopotamia nunca houbo unidade étnica; ao primitivo pobo o sumerio suceden sucesivas invasións semitas procedentes do deserto arábigo. País de paso, a trasfega de pobos é constante. E, ao mesmo tempo, as constantes guerras entre as cidades e cos pobos circunvecinos non crean unha unidade política mantida a través de longos séculos, como en Exipto.

Á civilización sumero-acadia, que se desenvolve en torno á unión do Eufrates e o Tigris, e entre os anos 4000 e 1900 a. C., aproximadamente, sucede a asirio-babilónica, que se asenta nas rexións montañosas do Norte, e entre os séculos XVI ao VI a. C. A partir do século VI, dominada e sometida polos persas, deixa de existir como civilización independente para subsistir e transformarse dentro da cultura persa

ARQUITECTURA

En Mesopotamia a pedra é escasa, sendo substituída nas construcións polo ladrillo ou adobe. Ao mesmo tempo a humidade do chan obriga a edificar os pazos ou templos sobre terrazas, ás que se ascende por escaleiras ou ramplas. A columna emprégase en raras ocasións, con fin ornamental, e como cuberta utilízase por vez primeira sistematicamente a bóveda e cúpula de ladrillo, xa que a madeira e a pedra son escasas.

Dada a fraxilidade dos materiais, adobe e ladrillo, os restos conservados son informes cheas de ruínas, chamados tell.

Na arquitectura distinguimos principalmente tres tipoloxías: os templos, os palacios e as tumbas.

Os templos. Nun principio edificábanse sobre un montículo de terra. Esta estrutura foi evolucionando ata converterse no cigurat. Torre de pisos, composta de varias terrazas superpuestas e decrecentes, ás que se ascendía por medio de ramplas, estando pintada de diversas cores, un por cada terraza, e decoradas estas con grandes faixas verticais, como nos palacios. O cigurat remata nunha capela, un observatorio para os sacerdotes.

Ruínas do cigurat de UR en Irak (2100a.C.)

A Porta de Istar (ou de Ishtar) era orixinalmente unha das 8 portas monumentais (14 metros de altura por 10 de ancho) da muralla interior de Babilonia, a través da cal accedíase ao templo de Marduk, onde se celebraban as festas propias do ano novo. O nome de Istar recíbeo da deusa do mesmo nome á cal estaba consagrada.

Porta de Isthar. Reconstruída no Museo de Pérgamo en Berlín

Foi construída no ano 575 a. C. por Nabucodonosor II no lado norte da cidade. Componse de numerosos ladrillos vidriados, a maioría de cor azul debido ao lapislázuli (o que a facía contrastar fuertemente con todos os edificios do seu ao redor), mentres que outros son dourados ou avermellados. Estes últimos dispóñense debuxando a silueta de dragóns, touros, leóns e seres mitolóxicos. A parte inferior e o arco da porta están decorados por filas de grandes flores semellantes a margaritas. A Porta de Istar contaba tamén orixinariamente con dúas esfinges dentro do arco da porta, que se perderon hoxe en día.

Os palacios. Situábanse sobre terrazas elevadas e tamén se accedía a eles mediante ramplas.Estruturábanse arredor de patios e nas murallas as súas portas eran custodiadas por touros alados de cinco patas con cabeza humana, considerados símbolos de protección. As paredes eran decoradas con relevos ou cerámica de brillante colorido.

Destacan o palacio do rei Gudea de Lagash erixido no século XXII a.C., así coma o de Assurbanipal en Nínive, famoso polas súas cazarías.

As tumbas. Eran espazos escavados formados por un corredor que conducía á cámara funeraria onde se depositava o enxolval e a tumba do difunto. En Ur, a capital sumeria do IV milenio a.C., atopouse unha tumba cun gran enxoval funerario composto por xoias, utensilios, armas, comida e sobre todo un estandarte ao carón dun casco de ouro. Igualmente acháronse esqueletos de servidores e cortesáns que se inmolaron en vida, unha práctica que posteriormente se substituíu pola colocación de figuras.

Casco de ouro

Puñal de ouro con mango de lapislázuli

Toro barbado. Feito de ouro e barbas de lapislázuli, adornaba un arpa. Museo de la Universidade de Pensilvania.

Copa de ouro disposta para os sacrificios

O Estandarte de Ur (2700 a.C.), British Museum

Represéntase unha procesión de ofrendas ao monarca, que aparece sentado e de maior proporción na parte esquerda do rexistro superior.

ESCULTURA

A escultura sumeria caracterízase pola realización de figuras de vulto redondo ou exentas, e de forma cilíndrica e volumétríca.

Unha das máis coñecidas representa a Gudea, príncipe de Lagash (2200 a. C). Son esculturas que aparecen smaentadas ou de pé coas mans unidas no peito, o cranio e a barba rasurados e cubríndose cunha toga que deixa nus un ombreiro e o brazo.

Son todas figuras orantes, hieráticas, suxeitas a lei de frontalidade.

Os asirios desenvolveron o relevo, onde se narraban historias cotiás ou episodios para a exaltación do rei. Distribuíase en bandos polas paredes tanto interiores como exteriores. Representan a figura humana co torso de perfil.

Destacan escenas de caza de Assurbanipal (século VII a.C), do palacio de Nínive, caracterizadas polo gran movemento dos animais e pola súa expresividade, entre os que salienta a Leoa ferida.

A estela ou monumento conmemorativo aparece na época sumeria e utilízase entoda a arte mesopotámica.

Estela de Hammurabi (1750 a.C.), Museo do Louvre, París. Monolito de basalto negro de 2,25m.

Na parte superior o rei Hammurabi en actitude reverente recibe a lei de mans do dios Shamash, que está en posición sedente, leva a tiara de cornos, símbolo de santidade e poder.

Na parte inferior a estela recolle 282 artigos, escritos en lengua acadia cuneiforme.

Coñecese como a Lei do Talión "ollo por ollo e dente por dente"

Estela de Naram-sin (2250 a. C.)

Museo do Luvre, París.

Nárrase os triunfos do rei

empregando a perspectiva

xerárquica, isto é, axigan-

tando a figura do monarca

con respecto aos seus inimigos e aos seus soldados.

Arte persa

Frixo dos inmortais (521-486 a.C.) Museo do Louvre.

Por influencia da antiga arte mesopotámica, os persas tamén recubrían os muros dos seus palacios con frixos de cerámicas esmaltadas, formando relevos de distintas cores, con escenas dirixidas a exaltar o poder do rei.

O frixo presenta os arqueiros da guarda do rei. Levan colgados o arco e un carcax adornado con pel de panteira e sosteñen con ambas mans, longas picas (lanzas).