Reims: a Anunciación

Autor: Maestro do Sorriso

Cronoloxía: século XIII

Localización: xamba dereita da portada central na fachada occidental da catedral de Reims.

Estilo: gótico inicial francés

Materiais: pedra caliza.

Tema: anuncio que o Anxo fai a María de que fora elexida por Deus para ser a nai do seu Fillo.

CONTEXTO

A arte gótica desenvolvese en Europa no marco dun proceso de crecemento e mellora vital que culminou ao longo do século XIII, período no que a prosperidade económica e comercial posibilitou o auxe dos burgos e cidades, así como a aparición dunha nova clase social, a burguesía, cuxo poder veu precedido do enriquecemento mercantil.

Este novo grupo social de influencia urbana facilitou que a cultura, ata entón dominada e controlada polos mosteiros rurais, pasase a mans das or­des mendicantes das cidades. Estas ordes (franciscanos e dominicos, princi­palmente) fixeran escolas e máis tarde universidades, que se converteron en grandes centros do ensino intelectual, artístico e cultural de Europa. Estas últimas convertéronse en centros esenciais do ensino da actividade intelectual, artística e cultural, quedando moitas delas baixo a tutela das chamadas ordes mendicantes (franciscanos e dominicos, principalmente).

Do mesmo xeito que na arquitectura o gótico presenta unha nova linguaxe, tamén a escultura cambia de acordo coa nova espiritualidade, máis humanizada.

Serán as fachadas os lugares principais nos que ubicar os eslementos escultóricos posto que os interiores quedan ornamentados polas vidreiras. a escultura liberase do marco férreo da arquitectura, adquire unha maior mobilidade e gana en naturalismo outorgando un claro carácter volumétrico ás figuras.

En canto á temática, aínda mantendo a finalidade didáctica, agora optase por formas máis amables, nun xesto de proximidade ao crente dun Deus máis misericordioso e menos severo; adquiren maior relevancia os temas marianos e a vida dos santos.

Análise formal

O grupo da Anunciación resulta pouco naturalista (en comparación coas figuras da Visitación), o seu autor decantouse por unha opción máis amable, máis lírica, especialmente no caso do Arcanxo que polas diferenzas coa Virxe case semelle ter autoría distinta.

Nel encontramos un canon moi alongado, unha disposición en S e unha estilización de estilo cortesán moi do gusto do momento, así como a característica cabeza pequena con peitado traballado por incisións rematando en rizos sen trépano e ollos oblicuos. Diríxese á Virxe de xeito expresivo, cun xesto xovial de sorriso doce e alegre, pero estereotipado que acaba por estar preto do afectado e curse. María aparece en actitude sumisa, sen expresión, as pregas da súa roupa caen rectos, subliñando a verticalidade, nun modelado superficial que oculta o seu corpo aínda que deixando entrever os senos.

En calquera caso, a ruptura coas formas románicas queda ben patente nesta mostra escultórica.