Acueduto de Segovia

FICHA TÉCNICA

Tipoloxía: acueduto. Obra pública. Canalización artificial construída para transportar auga ata un núcleo poboado, que -soterrada ou elevada mediante arcadas- adaptase as esixencias do terreo.

Cronoloxía: século I d.C.

Localización: Segovia (Castela e León)

Estilo: romano imperial.

Material:granito

Dimensións: 728 m(largo) x 30 m (altura máxima)

Contexto

Sendo a súa datación o século I d.C., estamos no período do Imperio creado por Augusto e que agora está no momento de máxima expansión, recordemos que o Mediterráneo era o Mare Nostrum.

A chegada a Hispania producírase no marco das guerras púnicas (s.III a.C.), iniciando logo un proceso de conquista que culminaría co dominio do norte peninsular no s.I a.C.

Análise formal

É unha das grandes obras de inxeñaría romana en Hispania, recolle a auga da serra de Guadarrama, a 18 Km de Segovia. Dende alí parten as dúas monumentais arquerías superpostas; as esixencias do terreo requiriron 44 arcos na ordenación inferior e 119 arcos na superior, repartidos en cinco tramos, cuxos vans contan con luces duns 4,5 m.

Edificado con grandes sillares de granito, destaca pola súa esveltez e polas súas equilibradas proporcións: a arquería superior mantense sempre invariable na súa configuración; sen embargo, os enormes piares de planta rectángular da arquería inferior varían o seu tamaño a tenor das irregularidades do terreo. No tramo central, por exemplo, na profundidade da vaguada fau ca arquería inferior sexa moito máis elevada ca superior. O recurso as impostas que cortan horizontalmente os piares creando virtuais liñas de continuidade asegura a unidade e o ritmo, demostrando a nobreza da arquitectura romana.

Perpiaños coas marcas dos fórceps empregados no izado

O acueduto está realizado en cantería de perpiaños (opus quadratum) toscamente cortados colocados a oso, é dicir sen argamasa que os una. A canle superior -specus- realízase en cachotería –opus incertum- e formigón –opus caementitum, unha mestura de cal, area e pedra-, revestida interiormente de opus signinum, engadindo ladrillo picado ó formigón, para impermeabilizala.

Imaxe do canal do acueduto de Segovia tomada no ano 2000.

Inxeñaría romana funcionando no 2000.

Axuste ao nivel do terreo para manter o nivel da corrente de auga.