Termos históricos (Ditadura Primo de Rivera, II República, Guerra Civil 1923-1939)

Bienio Negro: termo co que as esquerdas denominaron os dous anos de goberno conservador ( novembro 1933- febreiro 1936), ao consideralo unha época de dificultades para as forzas progresistas debido á paralización das reformas levadas a cabo pola coalición republicana-socialista entre 1931 e 1933. Estivo presidido polo Partido Radical, sendo xefe de goberno Lerroux co apoio da CEDA, cuxo dirixente foi Gil Robles. Subvencionou o culto católico, paralizou a reforma agraria e devolveu as terras ós antigos propietarios. Exerceu unha dura represión na revolución que se organizou en Asturias e Cataluña en 1934.

Brigadas Internacionais: Unidades militares formadas por uns 40.000 voluntarios estranxeiros que combateron na Guerra Civil española a favor do bando republicano. Creadas en outubro de 1936, destacaron especialmente na defensa de Madrid. Máis que o seu valor real na contenda, significáronse pola súa transcendencia simbólica. Retiraronse en novembro de 1938 a proposta de Negrín e baixo a supervisión da Sociedade de Nacións.

CEDA: CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEREITAS AUTÓNOMAS.- (1932-1936) Agrupación política española que reunía, nun bloque común, a diferentes partidos de dereitas: republicanos, conservadores e monárquicos. Foi fundada e liderada por José María Gil Robles. Os seus dous principios básicos eran a defensa de relixión católica e o conservadurismo social. As súas bases sociais eran as clases medias e o campesinado católico. Triunfaron nas eleccións de 1933 apoiando co voto dos seus deputados ao goberno de Lerroux. O propósito de Gil Robles era facerse co goberno e cambiar a Constitución, sobre todo os aspectos relacionados coa Reforma Agraria e a relixión católica. Forzou varias crises do goberno de Lerroux, na primeira ocorreron a revolución de Outubro do 34, da que a CEDA saíu reforzada entrando cinco ministros seus no goberno. A segunda a raíz do caso do Estraperlo, caeu o goberno de Lerroux e convocáronse eleccións, eleccións gañadas pola Fronte Popular. A raíz diso perderon protagonismo como grupo, pero moitos dos seus militantes apoiaron a Franco na guerra civil. O seu líder, Gil Robles, participou no "contubernio de Munich" e despois formou un partido democristiano na transición, da órbita moderada, non tendo éxito electoral en 1977.

Directorio Militar : primeiro goberno da ditadura de Primo de Rivera entre 1923 e 1925, cuxos membros eran exclusivamente militares. Formouse tras o golpe de estado de 1923 durante o reinado de Alfonso XIII. Gobernou por decreto, tras a clausura das Cortes. O goberno caracterizouse pola restrición de dereitos e liberdades e a represión do movemento obreiro. Puxo fin á guerra de Marrocos mediante o desembarco de Alhucemas.

FAI: Federación Anarquista Ibérica, nada en Valencia en 1927. Foi unha tendencia radical da CNT que xurdiu co fin de combater o reformismo que propuñan algunhas figuras como Angel Pestaña dentro da CNT. Durante a Segunda República conseguiu facerse co poder na central anarquista. A súa postura habitual de "guerra aberta contra o Estado" foi unha das causas da debilidade, inestabilidade e caída da Segunda República. Durante a Guerra Civil conseguiu gran poder e era partidaria de compatibilizar a guerra coa revolución.

FET das XONS : Organización política española, fundada en 1933 por José Antonio Primo de Rivera. Partido de corte fascista defendía o imperialismo e a grandeza de España, un goberno totalitario e a xustiza social sen loitas de clases. En 1934 fusionouse coas JONS, sendo os seus líderes ademais de José Antonio, Ramiro Ledesma e Ruiz de Alda. Aínda que con reticencias participou na conspiración militar e tralo golpe Franco creo un partido único coa integración dos carlistas ou tradicionalistas, sendo Franco o xefe do movemento nacional. Durante a ditadura a Falange española tradicionalista das JONS foise burocratizando progresivamente (tralo protagonismo inicial de 1939 a 1943), encargándose da propaganda, do encuadramiento das masas, sobre todo, da Mocidade (OJE , Fronte de Mocidades e SEU) e a muller (Sección Feminina). O nome de falange vénlle do nome que recibían en Grecia as formacións de infantería.

JONS.- Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista. Agrupación política de corte fascista creada en 1931 por Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma. En 1934 fusionouse coa falange española de José Antonio Primo de Rivera

Fronte Popular: Coalición electoral formada polas forzas de esquerdas para concorrer ás eleccións de 1936. Tiñan un programa electoral de mínimos (amnistía, volta ás medidas do bienio reformista) e o compromiso de que serían os republicanos os que asumisen o goberno si gañaban, co apoio dos deputados dos partidos obreiros. Gañaron as eleccións, pero o goberno durou só seis meses pois o 17 de xullo produciuse o pronunciamiento militar que daría orixe á Guerra Civil.

Lexión Cóndor: continxente militar enviado pola Alemaña de Hitler en axuda das tropas de Franco durante a Guerra Civil. A forza militar estaba composta por cen avións, canóns antitanques e antiaéreos, dúas unidades blindadas e uns cinco mil homes, chegaron a España a mediados de novembro de 1936. A súa actuación máis significativa foi a destrucción de Guernica o 26 de abril de 1937. Coa súa actuación inaugurábase en España o sistema, logo difundido na Segunda Guerra Mundial, de bombardeos sobre poboacións civís.

Pacto de San Sebastián: Asinouse en agosto de 1930, sendo un acordo entre os principais representantes da oposición republicana para formar unha plataforma común de acción contra a Monarquía. Este pacto representa un momento decisivo no final do sistema da Restauración e do reinado de Alfonso XIII. O acordo máis importante foi a formación dun Comité Revolucionario presidido por Niceto Alcalá Zamora, o personaxe da dereita republicana que causaba menos receos entre os militares e outras forzas moderadas.

Sanjurjada: golpe de Estado (agosto 1932) protagonizado polo xeral Sanjurjo coa pretensión de forzar a viraxe da República á dereita e canalizar o malestar do Exército ante a reforma militar de Azaña. A intentona fracasou e Sanjurjo foi detido cando fuxía a Portugal. Foi condenado a morte e indultado; despois dunha breve estadía na cadea terminou residindo en Portugal, comprometéndose desde alí en sucesivas conspiracións republicanas que terminarían co seu apoio o alzamento de xullo de 1936, que derivaría na Guerra Civil.

Sindicato vertical: Sindicato integrado por empresarios e os obreiros, coa coordinación paternalista do estado. Foron creados para substituír e suplantar ós sindicatos de clase. Apareceron con Primo de Rivera e consolidáronse no franquismo.

Unión Patriótica : Partido único creado por Primo de Rivera durante a súa ditadura. O seu lema era "Patria, relixión e monarquía". Non se lle quixo dar o nome de partido, pero actuou coma se fóseo. Pretendía ampliar as bases sociais do réxime e ao que só se adhieron funcionarios, membros das milicias e dos sindicatos libres e a oligarquía local. Era o único partido legal.