Capela dos Scrovegni (Padua)

Interior, frescos de Giotto

Nas paredes da capela dos Scrovegni en Padua recollense momentos diferentes da vida de Xesús e da Virxe, son un total de 36 escenas enmarcadas por orlas con medallóns, semellando cadros independentes, organizadas en tres franxas superpostas.

A bóveda de canón que cobre a única nave da capela, pintada en azul, queda convertida en bóveda celeste coa única presencia de tondos presidida por Cristo dando a súa bendición.

No muro da contrafachada represéntase, no lado dos xustos, a Enrico Scrovegni ofrendo á Virxe a construcción da capela (como unha maqueta), sería un xeito de expiar os pecados, particularmente os do pai, recoñecido usureiro.

Título: O pranto ante Cristo Morto

Autor: Giotto Cronoloxía: século XIV Estilo: Trecento italiano, tránsito do Gótico ao Renacemento. (Italogótico)

Técnica: fresco con retoques de temple.

Temática: relixiosa.

A escena principal céntrase no corpo inerte de Cristo acollido por María que o mira amorosamente, mentres no seu redor outras figuras contemplan a escena con contida emoción, entre elas as tres Marías (María Magdalena, María de Cleofás e María Salomé), San Xoán cos brazos en alto, detrás del e de pé, San Xosé de Arimatea e Nicodemo.

Contexto

A estética gótica non chegou a ter demasiado éxito en Italia. O mesmo sucedeu na pintura que se mantivo ligada na tendencia bizantina.

No Trecento dúas escolas italianas, Siena con Simone Martini e Florencia con Giotto, rompen coa tradición gótica bizantina, a denominada pintura á grega, e os seus convencionalismos (fondos dourados, hieratismo, liñas ondulantes), e dan un paso adiante na procura do naturalismo tanto na representación dos espazos, abandoando os fondos dourados, como nas figuras (volumetría, anatomías, expresividade).

Paralelamente mellorouse a técnica do fresco -así denominada porque a pintura ha de facerse sobre a superficie aínda húmida, o que esixía rapidez- empregando substancias menos oleaxinosas que escurecían as cores, o que permitiu que as cores acadasen unhas tonalidades claras e vivas antes nunca vistas.

Foron factores fundamentais do cambio: a presenza no entorno inmediato da cultura clásica que agora se quere recuperar, non se trata de imitala, trátase de pintar á latina; a riqueza das Repúblias obtida a través da actividade comercial, de xeito que tanto os dirixentes como a incipiente burguesía se converten en mecenas da arte.

Análise

O tema era tradicional na iconografía cristiá bizantina, pero todo na obra de Giotto resulta novidoso.

Diferenza dous espazos, inferior e superior, a parte terreal onde ten lugar a morte e o drama, e a parte celeste na que dez anxos, sobre un fondo azul intenso, choran tamén a morte de Cristo, cun sentimento que os achega ó home. Ambas áreas quedan separadas pola árida paisaxe.

A escena principal céntrase no corpo inerte de Cristo acollido por María que o mira amorosamente, mentres no seu redor outras figuras contemplan a escena con contida emoción, entre elas as tres Marías (María Magdalena, María de Cleofás e María Salomé), San Xoán cos brazos en alto, detrás del e de pé, San Xosé de Arimatea e Nicodemo. Todos eles distinguibles polas aureolas que nimban as súas cabezas.

Compositivamente, unha clara diagonal vai de esquerda a dereita, da cabeza de Cristo morto ata o alto da montaña rochosa cunha pequena e sinxela arbore, seca, sen follas, que tamén semella simbolizar a morte. Esa diagonal e o seu ritmo ascendente rompe a habitual disposición frontal pero tamén descentra a figura principal, Cristo non está no eixe da pintura senón desprazado á esquerda, sen embargo esa asimetría non lle resta relevancia, son outros os elementos que o revalorizan: a súa nudez que destaca no medio das cores das roupas dos demais e as miradas de todos que a el se dirixen.

A distribución das figuras é diferente no espazo terreal e celestial. Os anxos aparecen claramente separados con baleiros entre eles, cun tratamento moi variado de disposicións destacando algúns escorzos moi ben logrados. No mundo terreal, as figuras individualízanse claramente no plano principal e no lado dereito, onde podemos recoñecer a María que se achega chea de dor ao rostro do fillo, a María Magdalena que suxeita con suavidade os pés feridos de Cristo, a San Xoán, o seu mais ben querido discípulo, que no centro se inclina cara ao seu mestre abrindo o brazos en actitude de desolación, á dereita Xosé de Arimatea e Nicodemo recollidos nun xesto de resignación.

Hai pois unha distribución clara e racional: dúas figuras á dereita, tres no centro e tres á esquerda, todas rodeando o corpo de Cristo, de xeito que os personaxes principais son claramente recoñecibles, pero ademais engade un grupo á esquerda con figuras só insinuadas que fan a composición máis compacta e que coa súa disposición de pé equilibran a elevación do outro lado.

Giotto inserta a natureza certamente que de forma moi esquemática e aínda con certos erros, esa árbore resulta desproporcionada en tamaño, pero xa non recorre aos fondos dourados, aínda así teñen algo de telón de fondo posto que está subordinada aos acontecementos que se narran.

Igualmente constrúe un espazo físico, hai profundidade, unha terceira dimensión que ven dada pola propia composición, a diagonal principal, pola paisaxe e polas figuras de costas que crean profundidade, vemos que hai aire ou espazo entre as formas.

Fisicamente as personaxes non son retratos, nin sequera tomados do natural, todos presentan clara similitude sendo o mais característico os ollos achinados que aparecen sempre en todos os seus personaxes.

En canto ao tratamento plástico, as formas son contundentes e monumentais, sólidos volumes ben definidos polo trazo dos contornos e pola que lles outorgan un certo carácter escultórico favorecido pola luz plasmada nas atonalidades da cor.

A cor axuda a lograr o obxectivo final, así a conexión do amarelo claro da primeira figura da esquerda e da montaña rochosa da dereita unifican a escena, o azul do ceo outorga neutralidade a ese espacio, mentres que abaixo as gamas de vermellos e verdes alternándose dinamizan o conxunto. En todo caso tratase dun colorido brillante que outorga un carácter táctil á pintura.

Pero sen dúbida o aspecto mais salientable e o sentimento, a expresión da dor por medio de xestos claros e individualizados, contundentes, é unha dor real, humana que se reflicte nas máns, nas bocas entreabertas e nos ollos chorosos. O patetismo máximo está en María e en San Xoán, un patetismo que Giotto aprende da realidade inmediata. Hai pois un afondamento humanista que nada ten de gótico aínda que algo quede do pasado como os nimbos dourados realizados en estuco.

Título: o bico de xudas

Autor: Giotto

Cronoloxía: século XIV

Estilo: Trecento italiano, tránsito do Gótico ao Renacemento. (Italogótico)

Técnica: fresco con retoques de temple.

Temática: relixiosa

Tema central. Momento de máxima emoción, xusto antes de que se produza o bico

Fondo neutro sobre o que destacan as lanzas, os paos e as antorchas en alto

Composiciòn: Xesús e Xudas no centro, encontran as miradas -severa e torba-, rodeados, diagonal

Xesús, recoñecible polo nimbo, pola beleza, dozura e serenidade, máis alto que Xudas -fealdade- (o ben fronte ó mal)

Dous planos de acción: serenidade diante, violencia e tumulto detrais (incluíndo a Pedro)

A expresividade: confusión e dramatismo

As formas: figuras de perfil (agás unha de costas á esquerda, e de fronte á dereita); a masa de xeito arcaico (formas definidas no primeiro plano e grupo de cabezas sobresaindo detrais, nun bloque indeferenciado); modelado pola cor e o claroscuro

Luz e cor (destacar o amarelo do manto de Xudas, cor cálida e saínte, centra a escena)

Modelos e influencias

Giotto recolleu a herdanza do estilo bizantino do seu mestre Cimabue, mostrando solemnidadade escénica a certa mostra de rixidez e simetría, como por exemplo os ollos amendoados das personaxes. Seguindo tamén a escola pictórica sienese, mantivo o uso do pan de ouro nos nimbos ou aureolas das personaxes santas.

Máis obra de Giotto rompe cos convencionalismos e co hieratismo, acada un naturalismo cheo de vigor, unha humanización que enlaza có espírito franciscano, responde a un sentimento relixioso polo que o individuo é digno de redención se practica virtudes, e co novo gusto burgués e antiseñorial do patriciado italiano. Sentou as bases da nova arte renacentinsta, tendo claros seguidores en figuras coma Masaccio ou Miguel Anxo.

Catalogación

Título: A fuxida a Exipto

Autor: Giotto

Cronoloxía: 1303-1305

Técnica: fresco

Estilo: gótico

Tema: biblíco

Localización: Capela Scrovegni (Padua)

Esta escena recrea o episodio da fuxida a Exipto que narra o Evanxelio de San Lucas (13-21).

A Virxe María, que viaxa a lomos dun asno pretexendo ao neno entre os seus brazos, centra a

composición, destacando sobre a rocha do fondo, que enmarca o grupo piramidal.

A súa actitude silenciosa e maxestuosa contrasta coa dos demais persoaxes, que se mostran vivaces,

mirándose e conservando con naturalidade.

Evítase a frontalidades das figura, que, aínda lineais, mostran maior corporeidade e actitudes

menos hietáticas.

As figuras tamén presentan uns rasgos faciais máis definidos, potenciando ademais a sesación

de movemento con detalles como a posición das patas dianteiras do asno o os cruces de miradas entre

os persoaxes.

Gran traballo dos drapeados, máis realistas e cuidados, con uns ropaxes moi lixeiros e fluídos, e a

paleta de cores que con extraordinaria delicadeza parece esculpir as figuras. Sustitúe o característico fondo dourado trecentista por uhna paisaxe árida e montañosa,

con uns árbores dispersos que evidencian un novo interese polo entorno e o espazo tridimensional.