A Transververación de Santa Tareixa

Catalogación

Autor: Bernini

Cronoloxía: 1647-1652

Estilo: barroco

Tipoloxía: escultura exenta

Material: mármore. bronce (frecha e raios)

Tema: relixioso

Localización: Santa María da Victoria (Roma)

Foi un encargo do cardeal Cornaro para colocar na capela na que iría a súa tumba na igrexa dos carmelitas Santa María da Vitoria en Roma. A esta Orde pertencera Santa Tareixa, recentemente canonizada.

Exemplo de "theatrum sacrum", a escena preséntasenos como un espectáculo sagrado a medio camiño entre o espiritual e o terreal.

O tratamento das calidades é absolutamente pictórico, dando aos panos unha lixereza case inmaterial que contrasta coa sensación de peso da Santa desvanecida.

Abordase a representación das nubes, o que é insólito na escultura e que corresponde o dexeso do barroco de subvertir os valores xenuínos de cada unha das artes.

Comentario: Polos vieiros da arte