Racismo e xenofobia

Todo aquilo que o fascismo interpretou que podía descompor unha sociedade uniforme e rígidamente estruturada foi perseguido. Así ocorreu coas minorías raciais (xudeus, eslavos, xitanos, etc).

Na Alemaña nazi estes grupos foron en principio illados para evitar que contaminasen aos "cidadáns normais"; máis tarde procedeuse a eliminalos desde unha visión que perseguía contribuír á idea eugenésica de mellorar a raza aria, considerada como superior e identificada co pobo alemán.

Outros pobos, racialmente impuros (ex., os eslavos) foron obxecto de desprezo ou persecución e, en calquera caso, postos ao servizo dos intereses desa raza superior.

Tras esas formulacións subxacía, de feito, un darwinismo social que salientaba pseudocientíficamente a desigualdade cultural, racial e étnica da humanidade, establecendo unha escala en importancia cuxo banzo superior era ocupado pola raza aria.

Esa idea supuña a culminación ideolóxica que os europeos exhibiran durante a formación dos grandes imperios coloniais.

Especialmente significativo foi o caso dos xudeus, a quen os xerarcas nazis responsabilizaban de ser a orixe dos males que afectaban ao pobo alemán e, polo tanto, merecedores de ser destruídos. Para iso planificouse a "solución final".

Noutros países (Italia, España) a xenofobia e o racismo, aínda que estiveron presentes no seu discurso ideolóxico, non chegaron a alcanzar o grao de encono, violencia e sistematización que na Alemaña hitleriana.

Campo de concentración de Auschwitz-Birkenau

Cartel nazi das Mocidades Hitlerianas que representa a un neno de trazos raciais arios.

Forno crematorio de Auschwitz