As primeiras organizacións obreiras: os sindicatos e o movemento cartista

A partir de 1824 aboliuse en Gran Bretaña as leis que prohibían o asociacionismo obreiro aparecendo os primeiros sindicatos, organizados por oficios e por localidades, e fundados polos obreiros máis cualificados (os mellor pagados e máis instruidos) que confluirán nunha organización nacional. Tras os primeiros fracasos sindicais (só conseguirán sobrevir os sindicatos máis moderados), os núcleos obreiros británicos ocuparánse sobre todo da loita política, dando orixe ó movemento cartista que terá grande incidencia na sociedade británica entre 1838 e 1848.

· O cartismo recibe este nome polo seu apoio á Carta do Pobo (1838) que era un programa democratizador de 6 puntos (distritos electorais iguais; sufraxio universal masculino; renovación anual do Parlamento; supresión do requisito de ser propietario para ser deputado; voto secreto mediante papeletas; pago de dietas aos deputados). O cartismo non era un movemento unitario: para uns tratábase de conseguir representación parlamentaria maioritaria para aprobar leis de contido social; outros eran partidarios da acción violenta. O Parlamento rexeitou varias veces as petición da Carta, o que, xunto coa represión das folgas e protestas organizadas polos sectores máis radicais acabaron por debilitar ó cartismo, que desaparece u na década de 1850.

· O cartismo conseguiu éxitos parciais (a aprobación das primeiras leis laborais) e demostrou que era posible organizar a milleiros de traballadores con obxectivos políticos e non só laborais. Pero a incapacidade para facer triunfar os 6 puntos da Carta deu paso na década anos 50 a un novo sindicalismo: sindicatos de obreiros cualificados, de alcance nacional, que abandoaron as accións radicais e mais as expectativas de transformación social para concentrarse nas melloras salariais por medio da negociación cos patronos. En 1868 constituíuse a Trade Union Congress para coordinar ós sindicatos existentes.