Crise (ss.III a V d.C.)

Tras uns séculos de gran esplendor, os séculos I e II d. C., o imperio comezou a sufrir unha crise no século III. A crise manifestouse co afundimento das cidades e do escravismo, ambos foran alicerces básicos para o funcionamento da economía de Roma; o seu declive arrastrou ao imperio que iniciou a súa caída. Aos problemas económicos e sociais engadíronse problemas políticos e de dificultade de gobernar un espazo tan grande, de maneira que o emperador Teodosio, no ano 395 dividiu o imperio en dous partes: o imperio romano de Oriente e o imperio romano de Occidente.

Esa crise produciuse, ademais, nun momento difícil porque algúns pobos xermanos estaban intentando traspasar as fronteiras de Roma, e o exército romano trataba de impedilo, pero necesitaba máis homes e máis diñeiro para conseguilo.

Esa crise produciuse, ademais, nun momento difícil porque algúns pobos xermanos estaban intentando traspasar as fronteiras de Roma, e o exército romano trataba de impedilo, pero necesitaba máis homes e máis diñeiro para conseguilo.

A palabra xermanos aplicárona os romanos aos pobos que chegaban ás súas fronteiras; adoitaban ser tribos que se unían para conseguir entrar no imperio; a esas tribos víanas os romanos como "os dunha mesma raza", xa que logo, chamáronlles irmáns, xermanos. Tamén se lles chama bárbaros, porque ao non entender a súa lingua, os gregos empezaron a chamalos "os bar-bar-bar" (tal como soábanlles as súas palabras).

Desde o século II grupos de pobos xermanos asentábanse do outro lado das fronteiras romanas, máis aló dos ríos Rhin e Danubio, a súa intención era ir entrando, pero non comezaron a entrar ata finais do século IV.

Polo Leste entraron os visigodos, que cruzaron o Danubio na o ano 375, asentáronse na zona de Grecia e logo foron percorrendo todas as beiras do Mediterráneo ata instalarse na Península Ibérica.

Polo Oeste os romanos deixaron entrar aos francos, que cruzaron o río Rhin e ocuparon territorio romano.

Estes pobos adoitaban asinar un pacto cos romanos para asentarse nese territorio e axudar aos romanos a protexerse doutros pobos xermanos que quixesen entrar. A pesar desa axuda, a comezos do século V produciuse a entrada masiva de invasores xermánicos, pobos que ocuparon practicamente todos os territorios do imperio romano de Occidente.

O imperio romano de Oriente quedou practicamente intacto, libre da ocupación dos xermanos. Antes de que se terminase o século V, no ano 476, un deses pobos, os hérulos, acabou co imperio romano de Occidente. O imperio romano de Oriente continuou a súa existencia ata o ano 1453, desaparecendo coa chegada dos turcos.

VOLTAR