Anfiteatros

Son construcións de planta elíptica xurdida da unión de dous teatros, no que se celebraban loitas de gladiadores, naumaquias (combates entre naves) e venationes (loitas de animais).

O Coliseo de Roma é o exemplo máis importante, aínda que tamén destacan o de Nimes (Francia), o de Mérida e Tarragona na Península Ibérica.

Anfiteatro de Tarragona (s. II d.C.) presenta unha parte da cávea escavada na rocha e a outra construída sobre bóvedas inclinadas

Anfiteatro de Mérida (ano 8 a. C.)