Demográficas

Berlín, unha cidade sen homes

Nesta pirámide podemos observar os efectos demográficos das dúas guerras mundiais:

- Na primeira mosca podemos apreciar un importante entrante (grupo de idade de entre 0 e 5 anos) que corresponde aos nados entre 1940 e 1945, anos en que se desenvolve a Segunda Guerra Mundial.

O número de nacementos é menor ao de anos anteriores, xa que os homes que debían ter sido pais morreron ou foron mobilizados na guerra. Ademais, os bombardeos masivos, as deportacións nazis e a subalimentación crónica da poboación, provocaron un aumento da mortalidade infantil.

-Atopamos unha segunda mosca no grupo de idade de entre 15 e 18 anos. Corresponde á xeración de entre 15 e 18 anos. Corresponde a xeración que naceu durante a Primeira Guerra Mundial e que, como se observa na pirámide, padeceu os efectos do descenso da natalidade que produciu a devandita guerra. É o que en termos demográficos se coñece como "xeracións baleiras".

- A terceira gran mosca atopámola na poboación masculina do grupo de idades de entre 20 e 40 anos, sendo moi profunda entre os 20 e 30 anos. Corresponde aos homes que foron mobilizados na Segunda Guerra Mundial e que perderon a vida. Debe lembrarse que Alemaña foi un dos países que sufriu máis perdas humanas durante a Segunda Guerra Mundial.

- A cuarta e última mosca corresponde ao grupo de idade masculina entre os 48 e 52 anos (homes que contaban no ano 1914 entre 17 e 21 anos). Os que faltan son os homes que perderon a vida durante a Primeira Guerra Mundial.

Así pois, podemos observar nesta pirámide unha clara inferioridade dos efectivos masculinos sobre os femininos, a partir dos 20 anos. Iso é resultado directo da mortalidade provocada polas dúas grandes guerras deste século. Esta forte mortalidade masculina permite afirmar que Berlín era unha cidade sen home.